Por que morreron Galicia Hoxe e Xornal de Galicia?

Xosé Manuel Beiras acusa directamente ao PP de presionar a empresarios e grupos mediáticos para rematar con estes xornais. Carmen Iglesias critica aos "medios do réxime" por ocultar os casos de corrupción do PP.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/01/2015 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Non estaba no guión, pero xurdiu e formou parte do espectáculo da Cámara galega. A morte do xornal en galego Galicia Hoxe, do grupo El Correo Gallego, e do bilingüe Xornal de Galicia, a pesar de acontencer fai varios anos, estiveron presentes no debate sobre a corrupción en Galicia. E todo, pola explicación e as acusacións que o líder de AGE, Xosé Manuel Beiras, fixo contra o PP.

Rajoy no Moropa
Rajoy no Moropa

Beiras acusou directamente ao presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, e ao da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de ser os responsables directos do peche destes xornais. Así, facendo paralelismos entre fotos comprometidas, lembrou, que a de Feijóo  co narco Marcial Dorado nun barco, non tivo o mesmo efecto que a “moito menor” de Anxo Quintana, ex vicepresidente da Xunta, con Jacinto Rey, propietario do Grupo San José, nun iate propiedade do segundo.

Precisamente, esta relación entre fotos en barcos, deu lugar á terceira conexión que fixo Beiras; as instantáneas de Rajoy no Moropa, o buque dun narco arousán.  Unha imaxe que, segundo dixo, provocou a caída do entón director do Xornal de Galicia, José Luis Gómez. “Rajoy chamou a Jacinto Rey –propietario da cabeceira—e suxeriulle que como non lle servira a súa cabeza nunhabandexa igual tiña problemas con futuras contratas cando chegara ao poder…Non tardou, entón, en chegar este despido e, pouco despois, o peche do medio”, relatou.

O líder de AGE tamén falou de presións políticas do PP para explicar o peche de Galicia Hoxe, o medio en galego do grupo El Correo Gallego e no que el colaboraba. “Desde a Xunta de Feijóo xa advertiron que non ía a haber subvencións e mesmo lle suxeriron como mantiñan un medio así, pouco importante… Acabaron por pechalo”, criticou ao responsabilizar á Xunta de non apoiar aos medios en galego.

Non foi Beiras o único de falar de medios e xornalistas. Carmen Iglesias, do Grupo Mixto, acusou aos “medios do réxime” e a algúns xornalistas de estar “ao servizo do poder” para edulcorar as novas que teñen que ver coa corrupción no PP.

Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa
Feijóo con Dorado no iate deste último nos anos noventa | Fonte: El País

Unha crítica que rebatiu o propio Feijóo lembrando que, precisamente, os principais casos de corrupción que se coñecen en Galicia é “grazas aos medios de comunicación”. Por iso, afeou á deputada que se metera e criticara a algún xornalistas e medios do país.

Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Anxo Quintana e o empresario Jacinto Rey no iate do segundo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

7 Cascarilleiro

Pecharon porque eran moi malos e ninguén os mercaba. A xente normal le Faro e La Voz. Ou ningún.

1 Duque_de_Sanjenjo

Saca, saca. La gente normal ya no se interesa por La voice, ni Le Faró, sino por el tortazo que le dieron a Pantoja en la cárcel ¡Pobre mujer, lo que tiene que aguantar por amorrrr!

6 MORRER

Esperemos, que cando os tempos da "Cosa Nostra" morron, (menos de dous anos), nin un peso para os seus xornais, e tiñan o mesmo funeral que o tiveron outros.

5 ventor

Morreron pq a xente non os quixo, e non lle deades mais voltas.

1 Yallego

¿Pero no podríamos imponer la obligación de leerlos aunque la gente no los quiera? Mira que es por el bien del gallego (y de los bolsillos de los de la cosa, je, je, je).

2 Un vello galeguista

E por que non che poñemos a ti un bozal? Durmides, soñades, vivides co galego nos miolos. Vades ter un problema de galego-interitis crónico moi dificil de curar.

4 El pequeño Ghilipollás

A libertade de expresión termina, alí onde empezan os sobres de Bárcenas.

3 Bonmatuit

Bilinguals detected nos comentarios: -Sufixo -iño escribindo en castelán, como os mellores pailáns. -Pedantes no estilo. -"Argumento" de "no quiero que se pague esto con mis impuestos". -Salientan o carácter bucólico da paisaxe, como un turista acostumado ao secaño. -Lóuvanse entre eles con fraternal endogamia. -Adoptan os termos dos think tanks da dereitona española e GB (galizo, talibanciños, radicaliños)

1 Digou

O que se ve, o Bonmatuit ten pigalglia.

2 John Ballan

Coma decía John Wayne, nunha película de Ford, os unecos impostos que pagou o troll ese clerical-franquista, son os do alcohol. A culpa é de quén lle fai caso.