Ferido grave un motorista tras unha caía en Lalín

Tamén se trasladaron os datos do accidente aos Bombeiros do Deza, mais a persoa estaba perfectamente liberada e accesible.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2023 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Un motorista sufriu lesións graves tras unha caída do seu vehículo no municipio pontevedrés de Lalín. Segundo informou o 112, o sinistro produciuse pasadas as 19,00 horas na PO-902, na parroquia lalinense de Vilanova.

Foi unha persoa particular quen deu o primeiro aviso a través da súa chamada ao 112 Galicia. Así, activáronse os protocolos necesarios para a atención do ferido, como a mobilización dos recursos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos membros do GES de Lalín e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Ao final da súa intervención, os efectivos de emerxencias informaron o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia que o condutor da moto foi evacuado en estado grave ao centro hospitalario de referencia. Tamén se trasladaron os datos do accidente aos Bombeiros do Deza, mais a persoa estaba perfectamente liberada e accesible.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta