Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2023 | Actualizada ás 16:57
O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, manifestou que traballan para lograr que este ano se poidan recuperar as cifras de 2019 en relación ao tempo medio de espera para ser intervido. "E estar por baixo dos dous meses de media para ser intervido", sinalou durante a súa intervención no Foro de Economía 'A Galicia que vén'.
Xunto á directora médico territorial de HM Hospitais de Galicia, Pilar Múgica e Javier de Toro, vicepresidente do Colexio de Médicos da Coruña e xefe do Servizo de Reumatoloxía do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) participou nun relatorio sobre sanidade.
Nela, cualificou de "exemplar" a española, un modelo que contrapuxo ao doutros países europeos. Tamén resaltou a "altísima cualificación" dos hospitais galegos. Xa sobre as listas de espera, remitiuse ao dato de 2019, "dous meses de media para ser intervido, a terceira mellor comunidade autónoma en tempo", sinalou. Agora, dixo trátase de "recuperar tres anos" pola incidencia que tivo o covid e asegurou que Sanidade traballa para "recuperar os datos de 2019".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.