Galicia supera os 800 casos activos de COVID

Nas últimas 24 horas detectáronse 77 novos casos de coronavirus.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2023 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

O número de casos activos de Covid rexistrados en Galicia ascendeu ata os 841 casos activos nas últimas horas, con dous pacientes que permanecen en unidades de coidados intensivos (UCI), segundo o último parte facilitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, con datos actualizados ás 18,00 horas do xoves. Dos pacientes positivos, dous están en UCI e 117 en unidades de hospitalización, con outros 722 pacientes en domicilio, segundo o último parte.

Do total de casos, que supoñen un ascenso respecto ao dato facilitado o xoves, cun total de 777, 175 corresponden á área da Coruña, con 24 persoas hospitalizadas --unha delas na UCI--; 90 casos á de Lugo, dos que 12 requiren ingreso hospitalario; 130 á de Ourense e 18 persoas hospitalizadas; 99 casos activos á área sanitaria de Pontevedra, que rexistra 21 hospitalizacións; 133 á de Vigo, que notifica 12 persoas ingresadas. 159 casos activos atópanse na área sanitaria de Santiago, que rexistra 21 hospitalizacións. Por último, Ferrol notificou 55 casos activos, dos que 9 están hospitalizados --un deles na UCI--.

Preparación de vacinas contra a Covid na área de Pontevedra e O Salnés
Preparación de vacinas contra a Covid na área de Pontevedra e O Salnés | Fonte: Europa Press

Por outra banda, nas últimas horas abríronse 73 novos casos por covid, dos que 10 son da Coruña; seis da de Ferrol; Lugo, 12, os mesmos que en Ourense; nove en Pontevedra; 15 en Santiago e nove en Vigo. En canto ao número de pacientes falecidos sitúase en 4.121. Mentres, as persoas curadas elévanse, desde o inicio da pandemia, a 693.025 e as doses de vacina administradas a 7.643.405.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta