O 13 de maio comezarán as probas Celga 4 de forma simultánea en Santiago e Ponferrada

A Xunta detalla que os exames para obter o Celga 4 serán para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunhas das letras comprendidas entre o 'v' e o 'g', e o 14 de maio para o resto de aspirantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/04/2023 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publica este venres as datas das probas que permiten obter os certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, que terán lugar simultaneamente en Santiago de Compostela e Ponferrada, entre o 13 de maio e o 3 de xuño.

Nun comunicado, a Xunta detalla que os exames para obter o Celga 4 serán o sábado 13 de maio para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunhas das letras comprendidas entre a 'v' e a 'g', e o 14 de maio para o resto de aspirantes. As demais probas terán lugar para todas as persoas admitidas, independentemente do seu apelido, o 20 de maio para o Celga 3, o 21 de maio para o Celga 2 e o 3 de xuño para o Celga 1.

Respecto ao lugar de realización, en Santiago serán, para os niveis 2, 3 e 4, no instituto IES Antonio Fraguas Fraguas, mentres que o Celga 1, que só se avalía na capital galega, terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Pola súa banda, a Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada acollerá o total das probas convocadas en León. A proba escrita, a primeira delas, empezará ás 9,00 horas, polo que as persoas admitidas deberán presentarse no centro que lle corresponda con antelación suficiente.

A porta de acceso ao centro e a aula asignada a cada persoa para a realización da proba poderase consultar a mesma semana do exame no Portal da Lingua Galega.

Respecto da proba oral, esta terá lugar o mesmo día que a escrita. A hora concreta na que cada persoa deberá estar presente no lugar establecido para o chamamento publicarase no centro correspondente, así como no Portal da Lingua Galega, unha vez finalice a proba escrita. A resolución completa pode consultarse neste portal.

Exame do curso de galego do Celga
Exame do curso de galego do Celga | Fonte: Xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta