A Xunta cualifica de "vergoña" que o Goberno lle reclame pagar unha parte da peaxe da AP-9

Insistiu en que se estableceu que as compensacións a Audasa serían financiadas "integramente" pola Administración central e que a Xunta "non achegaría nada".

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 25/04/2023 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia cualificou como "unha vergoña" que o Goberno de España recorrese aos tribunais para reclamar á administración autonómica o pago dunha parte da peaxe na sombra da AP-9 (en Rande e A Barcala), e constatou que o Executivo central "prefire pleitear coa Xunta para defender os intereses de Audasa" antes que "revisar á baixa" os acordos coa concesionaria da autoestrada.

Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, en declaracións aos medios en Ourense, nas que subliñou que a autoestrada AP-9 "é de titularidade estatal" e, por tanto, "non procede que sexa unha administración autonómica a que abone as peaxes, as bonificacións e compensacións".

Ethel Vázquez insistiu en que "hai un acordo desde 2017" co Ministerio de Transportes (entón dirixido polo 'popular' Íñigo da Serna) no que se estableceu que as compensacións a Audasa serían financiadas "integramente" pola Administración central e que a Xunta "non achegaría nada".

Ademais, engadiu, tamén hai dúas sentenzas, do TSXG e do Supremo que, segundo a conselleira, "confirman que a Xunta non debe abonar esas compensacións". Neste escenario, Ethel Vázquez proclamou que o Goberno de España ten "o deber moral" de revisar os convenios de "enriquecemento inxusto" asinados con Audasa. "O deber moral do Goberno de España non é pleitear coa Xunta de Galicia, senón revisar á baixa eses convenios con Audasa", insistiu a conselleira antes de volver criticar a "vergoña" de que o Executivo estea "defendido os intereses" da concesionaria.

Ponte de Rande, en Vigo / MIGUEL RIOPA - Arquivo  / Europa Press
Ponte de Rande, en Vigo / MIGUEL RIOPA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta