A Xunta solicita novamente a transferencia dos fondos europeos para políticas de emprego

O Goberno galego declarou de carácter "prioritario" a cualificación e recualificación da poboación activa en 11 sectores económicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2023 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, solicitou novamente ao Estado que "transfira" ás comunidades autónomas os fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) mobilizados pola Unión Europea "e non executados" polo Goberno central.

Así, no 83 encontro sectorial de traballo, a conselleira de Emprego, que lamentou a "ausencia" da titular da carteira ministerial, manifestou que estes fondos serían usados por parte da Xunta para políticas de emprego xuvenil, de impulso do emprendemento e de formación do capital humano en sectores estratéxicos.

"As comunidades demostramos que somos capaces de executar os fondos", reivindicou a conselleira de Emprego. No caso de Galicia, a política de emprego, o emprendemento e a formación de persoas en sectores estratéxicos, a través da colaboración co tecido produtivo representado polos clústeres.

A Xunta declarou de carácter "prioritario" a cualificación e recualificación da poboación activa en 11 sectores económicos para atender a demanda de traballo do tecido produtivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta