Enfermeiras pediátricas critican a O'Mega: "hai que traballar da man e non buscar inimigos”

Diana Flórez Rodríguez, presidenta da Asociación Galega de Enfermaría pediátrica (AGaEP), contesta duramente, neste artigo remitido ao Galicia Confidencial, ao sindicato médico que criticou que certas funcións dos pediatras sexan asumidas por Enfermaría.

Por Galicia Confidencial | VIGO | 03/05/2023 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

Dende a Asociación Galega de Enfermaría pediátrica (AGaEP) queremos contestar ao artigo publicado no diario dixital "Galicia Confidencial" en referencia ás declaracións do Sindicato de Facultativos O’Mega de cara a profesión enfermeira en xeral, e ás enfermeiras que desenvolven a súa labor asistencial en Atención Primaria en particular.

Enfermeiras nunha planta de pediatría
Enfermeiras nunha planta de pediatría | Fonte: consalud.com

Entendemos que as reivindicacións dun colectivo determinado, neste caso, o colectivo médico, non deberían basear os seus argumentos no desprestixio e menosprezo da calidade asistencial doutra categoría profesional, neste caso, as enfermeiras de pediatría (integrantes do mesmo equipo multidisciplinar que os pediatras). Que teñen que ler no titular do artigo, que o dito Sindicato advirte de "consecuencias fatais" ó seguimento dun novo protocolo para as consultas de pediatría de atención primaria, da Área Sanitaria de Vigo.

No transcurso da entrevista, aseguran que as enfermeiras non estamos capacitadas para facer a triaxe dos pacientes pediátricos con afirmacións tales como; "e unha irresponsabilidade", ou que temos "ollos inexpertos", o que provoca alarma e desconfianza das familias nun dos pilares profesionais durante todo o período infanto-xuvenil, como é a enfermería. Non fai falla lembrar que enfermería é un grao universitario de catro anos, nos que durante a sua formación, as enfermeiras rotan por diversos servizos de pediatría tales coma urxencias pediátricas ou UCIs entre outros. Ademais moitas das enfermeiras que traballan nas consultas de pediatría de atención primaria son enfermeiras especialistas, tras pasar o exame EIR, e formarse durante dous anos en servizos exclusivamente pediátricos, o que lles permite ter coñecementos específicos sobre patoloxías pediátricas.

De sobras é coñecido que nos servizos de urxencias de pediatría de atención hospitalaria, tanto da nosa comunidade autónoma coma do resto de comunidades, enfermaría é a encargada de realizar a triaxe dos pacientes, seguindo as guías e protocolos de cada centro, acadando unha alta calidade na atención pediátrica. Pola súa parte, dende hai anos, enfermería realiza a triaxe de pediatría na atención primaria en diversos servizos de saúde, ante a necesidade de ordenar a asistencia de modo obxetivo en épocas epidémicas ou en consultas de pediatría que presentan unha elevada demanda, xa sexa de forma puntual ou habitual, optimizando a atención partindo dos recursos existentes nese momento.

O noso colectivo ten claro cal é a nosa labor asistencial como enfermeiras especializadas en pediatría, e tamén a calidade asistencial que prestan todas e cada unha das enfermeiras a cargo das numerosas consultas de pediatría nas distintas áreas sanitarias, o que non temos tan claro son as intencións deste sindicato con estas declaracións.

Os equipos de pediatría están formados por diferentes profesionais que aunan os seus esforzos para intentar dar cobertura ás carencias de persoal, tanto de facultativos como de enfermaría. Este tipo de declaracións non axudan, só desprestixian e non fan máis que xerar desconfianza e conflitos, tanto nas familias como entre os propios profesionais.

Entendemos, e compartimos, a preocupación pola falta de persoal en atención primaria, especialmente de médicos de familia, pediatras así como tamén persoal doutras categorías. Deberíamos traballar da man xunto co resto de profesionais que conforman o equipo de saúde, para soster unha atención primaria de calidade, e non buscar “inimigos” ou “ameazas” onde non as hai. Gustaríanos ver unha rectificación por parte da persoa que fixo estas declaracións, pois pensamos que as argumentacións que se fan deben ser rigorosas e as publicacións coidadosas coas manifestacións que se realizan.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta