A Xunta modificará o polémico artigo sobre quen debe informar sobre os incendios

O Colexio de Xornalistas pediu a súa retirada ao considerar que limitaba a liberdade de información e dixar só á Xunta como "fonte autorizada" para informar dos lumes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/05/2023 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

O presidente a Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que se modificará a redacción do polémico artigo 5.1 do Anteproxecto de Lei de loita integral contra os incendios forestais tras a polémica suscitada sobre quen é o suxeito adecuado para informar dun lume forestal e pedir a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) a súa retirada.

Axentes das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) realiza labores de extinción nas inmediacións dun incendio en Lugo
Axentes das Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) realiza labores de extinción nas inmediacións dun incendio en Lugo | Fonte: Europa Press

O texto deste artigo recollía que "está prohibida para calquera persoa ou entidade pública ou privada a creación ou difusión de feitos ou datos falsos en relación cos incendios forestais por calquera medio, incluídas as redes sociais". Unha redacción que o CPXG considera que pode ser interpretada como unha limitación da liberdade de información, ao apuntar implicitamente á administración como única fonte autorizada. Por esa razón, solicitaba á Xunta de Galicia a súa retirada para evitar calquera posíbel lectura contra este dereito fundamental. 

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta e preguntado ao respecto, Rueda coincidiu en que é necesario matizar o que é "información falsa", pero que ese artigo se refería a aquelas persoas que publican información falsa sobre un lume e isto provoca unha mobilización de medios e efectivos "que serían necesarios para outros lugares". "Isto hai que sancionalo e a isto se refire a lei, de mobilizar recursos que podían ir a outros sitios", xustificou.

Con todo, recoñeceu que, quizais, o texto non estea ben redactado e dá motivo a que haxa malentendidos. "Todo o que sexa mellorar a redacción pois se fará porque está en fase de revisión", apuntou. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta