Por E.P. | Ferrol | 05/05/2023 | Actualizada ás 17:45
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avogou por "apostar dunha maneira decidida por recuperar e rehabilitar" para dar solución aos "graves problemas" que padecen "moita xente" á hora de acceder a unha vivenda "nunhas condicións que non produzan asfixia".
A líder frontista atendeu aos medios de comunicación na alameda do Cantón de Molins de Ferrol tras realizar un breve paseo este venres polo barrio ferrolán da Magdalena en compañía dos integrantes da lista electoral do BNG das próximas eleccións municipais e co candidato á Alcaldía, Iván Rivas, á cabeza.
Pontón incidiu en que é preciso achegar solucións en materia de vivenda, xa que os prezos dos alugueres "non deixan de subir" e as persoas hipotecadas deben afrontar subidas continuas dos tipos de interese.
Fronte a isto, o BNG propón apostar pola rehabilitación de vivendas para "dar máis posibilidades de acceso a unha vivenda digna", especialmente aos máis novos, e, ademais, transformar as cidades para "recuperar" os espazos urbanos "para as persoas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.