O historiador Lourenzo Fernández Prieto ingresa este sábado na RAG como membro de número

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/06/2023 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa-Ribadeo, 1961) ingresará este sábado 3 de xuño na Real Academia Galega (RAG) como membro de número, ocupando a vacante producida no ano 2020 polo falecemento do poeta Luz Pozo Garza.

A sesión extraordinaria pública terá lugar no teatro Jofre de Ferrol, a cidade onde creceu, a partir das 12,00 horas. A entrada é libre ata completar o aforamento do teatro e poderá seguirse tamén en directo na páxina web academia.gal.

O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dará lectura ao discurso titulado 'A memoria, a historia e a política. A esquecida polémica Cela versus Paz-Andrade sobre a lexitimidade democrática, a memoria republicana e a Autonomía de Galicia en xullo de 1977', ao que lle dará resposta en nome da institución o coordinador da Sección de Historia, Ramón Villares.

Lourenzo Fernández Prieto
Lourenzo Fernández Prieto | Fonte: MIGUEL GRANDÍO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta