As primeiras ferramentas do proxecto Nós para fomentar a interacción de persoas e dispositivos en galego, máis preto

Trátase do primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galicia, o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego oral e o converte a texto e unha aplicación de síntese de voz que a partir dun texto é quen de ler en galego.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2023 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

As tres primeiras ferramentas dispoñibles do proxecto Nós posibilitarán a interacción en galego entre as persoas usuarias e os dispositivos tecnolóxicos. Trátase do primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galicia, o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego oral e o converte a texto e unha aplicación de síntese de voz que a partir dun texto é quen de ler en galego. Estas ferramentas estarán dispoñibles proximamente en aberto e de xeito gratuíto para calquera persoa, empresa ou proxecto que as precise ou desexe empregar.

De esquerda a dereita, Senén Barro, Elisa Fernández, Antonio López, Román Rodríguez, Julián Cerviño e Valentín García. FOTO: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Senén Barro, Elisa Fernández, Antonio López, Román Rodríguez, Julián Cerviño e Valentín García. FOTO: Santi Alvite

O reitor da USC, Antonio López; o director do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), Senén Barro; a directora do Instituto da Lingua Galega (ILG), Elisa Fernández; o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez; e o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, presentaron este luns 5, estas novas ferramentas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura.  

“Damos un primeiro paso visible ao poñer xa accesibles algúns dos resultados do proxecto”, dixo Antonio López. O proxecto Nós “conecta humanidades e tecnoloxía, neste caso, a través da lingua”, continuou o reitor, para despois subliñar que se trata do “proxecto máis ambicioso para a nosa lingua mirando cara ao futuro”. O proxecto quere, dixo Antonio López, colocar o galego nas mesmas condicións que outros idiomas con maior potencialidade a través de ferramentas que xeran aprendizaxe constante e solucións acaídas. “Isto non acaba aquí, só é o primeiro paso”, concluíu. 

Pola súa parte Senén Barro destacou que “o proxecto nós nace dende a USC e a Xunta coa vontade de crear un ecosistema galego innovador en tecnoloxías lingüísticas para o mundo”. “Os datos son como as infraestruturas viarias dun país”, dixo, “os materias básicos de construción que deben ser preparados axeitadamente”, explicou. A directora do ILG, finalmente, presentou o funcionamento das ferramentas que, tal e como sinalou, foron seleccionadas "en función da súa alta demanda"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 113 comentarios

23 Pardo de Cela

O que é evidente é que Pardo de Cela NON é upegallo nin sempre aparece a todas horas, nin “traballa” nalgunha checa da Avenida de Lugo nin luxa os apelidos de poeta cubano algún "Lezama Lima".

22 Costadamorte

Eu non vin en directo o programa, (vin logo a entrevista na internet), pero si o viron na miña casa e contaronme antes de que a cousa saira ao debate que quedaran moi solprendidos tanto pola agresividade de CLR como pola boa impresión que lles causara o Callón safando da encerrona...
Por certo, teño a testemuña do "pagador" de que CLR fai os artigos no Correo cobrando... de alguén mais que de Editorial Compostela...
E que na época do bipartito sei que cobrou, e moito, dos arredores da parte nacionalista do goberno...
Conclusión, nunca te fíes das tropas mercenarias...

21 Manel Pardo

que se debata en los comentarios si ese tio es o no periodista es un ejemplo de lo acostumbrados que estamos a la manipulacion. A este le da un puesto fijo en intereconomia cuando salga de la rtvg

20 Paulo

Home.... interrogatorio sí, é certo, mais o Callón debiache estar xa preparado pois contestou bastante ben á "encerrona" que ese elemento lle tiña argallada.

19 pepito grillo

a mín o que máis me molestou da entrevista é que nin sequera lle deixaba falar, preguntáballe e interesáballe ben pouco as respostas. Hai periodistas (ou pseudoperiodistas) que queren gañar puntos o antes posible. E despois se queixan do intrusismo da Esteban and company