Dous cans provocan un accidente que deixa ferido un home en Cambados quen foi trasladado ao hospital

Acabou chocando contra outro vehículo, no que unha persoa precisaba asistencia sanitaria e que perdera o coñecemento durante un breve período de tempo.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 15/06/2023 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias tiveron que trasladar ao hospital a unha persoa ferida nunha colisión entre dous coches que foi provocada por dous cans na estrada en Cambados.

Segundo informa o 112 Galicia, pasaban das 10,30 horas da mañá cando un dos condutores implicados chamaba á central de emerxencias para alertar do ocorrido na VG-4.2.

Ao parecer, o condutor perdeu o control do seu coche debido a uns cans estaban no medio da estrada. Así, acabou chocando contra outro vehículo, no que unha persoa precisaba asistencia sanitaria e que perdera o coñecemento durante un breve período de tempo.

Así, tras un operativo no que participaron o 061, a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Cambados e o servizo de mantemento da estrada, o ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés, en Vilagarcía.

FEDERACIÓN GALEGA DE EMPRESARIOS DE AMBULANCIAS
FEDERACIÓN GALEGA DE EMPRESARIOS DE AMBULANCIAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta