Case 41.000 aspirantes examinaranse entre o 1 e o 9 de xullo para 625 prazas de emprego público

Será no Recinto da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2023 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

Un total de 40.726 aspirantes están chamados a participar o próximo 1, 2, 8 e 9 de xullo nas probas para 625 prazas de emprego público da Xunta de Galicia que se realizarán no Recinto da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

En concreto, o sábado 1 de xullo examinaranse 1.604 persoas para 75 prazas no Corpo superior A1; e 8.756 aspirantes para 120 prazas no Corpo auxiliar C2. A continuación, o domingo 2 de xullo realizarase o proceso selectivo para o Corpo de Xestión A2 no que están chamadas a participar 2.435 persoas para 90 prazas; e o exame para o Corpo administrativo C1 con 8.917 aspirantes admitidos e 102 prazas.

Xa o 8 de xullo, será a quenda da escala de auxiliar de clínica no que participarán 2.011 aspirantes para 54 prazas; e a de auxiliar coidador con 3.398 aspirantes e 65 prazas de emprego público. Finalmente, o 9 de xullo, examinaranse 13.605 aspirantes no proceso de persoal subalterno (AP) para o que se convocaron 119 prazas.

Oposicións en Silleda para técnico en coidados auxiliares de enfermaría. XUNTA - Arquivo
Oposicións en Silleda para técnico en coidados auxiliares de enfermaría. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta