Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2023 | Actualizada ás 16:54
Editorial Compostela SA, con case 1 millón de euros, figura este ano na lista de contribuíntes que deben a Facenda máis de 600.000 euros. De acordo coa décima listaxe de debedores con Facenda publicado este venres, os morosos galegos mantéñense sen gran variación respecto de anos pasados.
Entra Editorial Compostela SA, que era titular da cabeceira santiaguesa 'El Correo Gallego'. O xulgado do mercantil número 2 da Coruña resolveu a venda ao Grupo Prensa Ibérica por 1,6 millóns de euros o pasado novembro.
Agora, a listaxe da Axencia Tributaria recolle unha débeda de 952.960,61 euros de Editorial Compostela con Facenda.
Polo demais, continúan Epaat SL con máis de 7,98 millóns, Gallega de Moenda de Clinker SLU con case 6,32 millóns, Clesa SL con case 6,7 millóns e Martinsa-Fadesa SA con máis de 5,94 millóns. A que xa non está é Limpieza do Noroeste, de Vigo.
Por orde alfabética, seguen algúns morosos como Acerías As Pontes (1,69 millóns), Carburantes Noroeste SL (case 3,5 millóns), Cinur Consultores Urbanísticos e Inmobiliarios SL (case 3,3 millóns),
Tamén están Compañía de Protección y Vigilancia Galaica SA (4,6 millóns), Confecciones Dios SL (3,3 millóns), Construciones Mon SL (3,3 millóns), Energal Distribucion de Biocarburantes SL (case 5,99 millóns), Ferralla Lois SL (3,35 millóns), Freiremar SA (5,62 millóns) e Inalcuba SL (3,5 millóns).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.