O transporte en autobús, á alza en Galicia

A última cifra negativa rexistrouse na pandemia, en febreiro de 2021.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/07/2023 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

O transporte en bus en Galicia acumula máis de dous anos de crecemento interanual continuo a dobre díxito, con taxas superiores ao 10%, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

En maio de 2023, cun total de 5,2 millóns de viaxeiros, ese incremento foi do 21,3% na comunidade galega respecto ao mesmo mes de 2022. Unha taxa lixeiramente por encima da estatal que se sitúa no 20,6%.

A última cifra negativa data de febreiro de 2021, en plenas restricións pola pandemia. A partir de aí, a subida foi constante en Galicia con taxas de subida de dúas cifras. Na media do que vai de ano, a alza é do 19,5% na comunidade galega, neste caso tres puntos menos que a media española (22,4%).

Inauguración da estación intermodal de autobuses de Santiago
Inauguración da estación intermodal de autobuses de Santiago | Fonte: ÁLVARO BALLESTEROS - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta