Galicia acollerá a primeira reunión técnica dos socios europeos do proxecto 'GIFT' de infraestrutura verde

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2023 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Galicia acollerá a próxima semana a primeira reunión conxunta do equipo de traballo interregional do proxecto 'GIFT' (Green Infrastructure for Forest and Trees), que ten como obxectivo establecer ao longo do próximos catro anos medidas e políticas sectoriais efectivas no ámbito da xestión de infraestrutura verde e da paisaxe.

Así, o 29 e 30 de agosto está previsto que se celebre en Santiago a primeira revisión entre pares desta iniciativa co fin de analizar e mellorar da man dos socios implicados os instrumentos políticos directamente relacionados con este tipo de infraestrutura.

A Xunta detallou, nun comunicado, que segundo a axenda prevista combinaranse as reunións técnicas con visitas ao territorio. Nas xuntas abordarán os principais aspectos a considerar nesta materia, a situación actual de Galicia e os instrumentos políticos relacionados, así como outros factores.

En relación ás saídas previstas, o Executivo autonómico remarcou unha visita ao Monte Xalo, na Coruña, escenario escollido pola súa condición de 'Área de especial interese paisaxístico' e como un "bo exemplo" na Comunidade da combinación dos valores naturais, culturais e panorámicos.

Este primeiro encontro busca facilitar a posterior formulación de recomendacións que permitan integrar os criterios relacionados coas infraestruturas verdes nos instrumentos galegos de protección de paisaxe, para o que é interesante coñecer as experiencias previas a diferentes escalas territoriais dalgúns dos socios implicados no proxecto.

Exemplo parque eólico As Encrobas
Exemplo parque eólico As Encrobas | Fonte: Asociación Salvemos o Val de Barcia e o Monte Xalo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta