A Xunta habilitará servizos especiais de autobús para o Nachiños Fest de Ferrol

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2023 | Actualizada ás 12:16

Comparte esta noticia

A Xunta habilitará servizos especiais de autobús con motivo do festival Nachiños Fest que se celebrará, o 8 e o 9 de setembro, na parroquia coruñesa de Covas, en Ferrol. A viaxe, cunha duración estimada de 35 minutos, conectará a praza de Galicia coa Pedreira, sen paradas intermedias.

Así, os usuarios disporán de dúas expedicións de ida o venres 8 e o sábado 9 con saída desde praza Galicia ata o lugar da Pedeira, en Covas, ás 18,30 e ás 19,30 horas. Para a volta desde Covas ata Ferrol, activarán dúas expedicións na madrugada do sábado 9 e do domingo 10 con saída da Pedreira ás 03,30 horas e ás 04,30 horas.

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis utilizando o cartón Xente Nova, do mesmo xeito que o fan en todos os autobuses da Xunta. Os demais usuarios do transporte público da Administración autonómica poderán beneficiarse dos descontos do cartón TMG. A información dos horarios dos servizos especiais poderanse consultar na web www.bus.gal.

Un dos concertos celebrados esta fin de semana no Nachiños Fest de Ferrol - cedida
Un dos concertos celebrados esta fin de semana no Nachiños Fest de Ferrol - cedida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta