A Xunta busca mellorar a imaxe social da industria forestal con empresas especializadas

A Axencia Galega da Industria Forestal destina 106.000 euros para contratar un servizo de planificación, dinamización e xestión da comunicación dixital para difundir campañas, principalmente, nas redes sociais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/09/2023 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Planificar, dinamizar e xestionar todo o que ten que ver coa comunicación dixital e redes sociais para mellorar a imaxe que a industria da madeira, especialmente de eucalipto, ten en Galicia. Ese é o novo obxectivo da Xunta a través da Axencia Galega da Industria Forestal que acaba de destinar 106.198,64 euros para este cometido.

Anacos de leña apilados xunto a troncos de madeira que van ser cortados
Anacos de leña apilados xunto a troncos de madeira que van ser cortados | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Este organismo busca unha empresa que planifique a estratexia de comunicación e contidos nas redes sociais, desenvolva a estratexia comunicativa nas redes sociais e incremente a notoriedade da marca da Axencia Galega da Industria Forestal, os seus servizos e iniciativas.

Para iso, ten aberto un contrato no que busca unha empresa para que xestione a produción de contidos para redes sociais, preste un servizo especializado de Community Manager para

favorecer o diálogo estable coa comunidade virtual en torno á industria forestal e faga un seguimento continuo e medición dos resultados e a presentación de impactos das campañas.

Actualmente, a Axencia Galega da Industria Forestal dispón de varias canles decomunicación tales como a web xera.xunta.gal e diferentes perfís en redes sociais. O obxectivo das súas redes é difundir as actividades e servizos desenvolvidos pola Axencia Galega da Industria Forestal e tamén se mencionan outras informacións relacionadas coa bioeconomía, o monte e a cultura, historia ou economía forestal.

CHEGAR AO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS

"A axencia ten que utilizar todos os medios ao seu alcance para ofrecer información e  comunicarse co maior número da poboación galega do sector, tanto das súas propias noticias, actividades ou convocatorias como de todas aquelas que poidan interesar ao seu público potencial", xustifica este organismo." Actualmente, as redes sociais son medios de divulgación e de difusión da información que van cobrando maior importancia dada a súa crecente utilización e as posibilidades que ofrece, converténdose, por tanto, nunha das principais ferramentas de comunicación e consulta por parte da cidadanía", engade.

Para iso, a empresa que se faga cargo deste concurso terá que ter, como mínimo, dúas persoas. Son un líder do proxecto con perfil senior experto/a en comunicación estratéxica

e redes sociais con contrastada experiencia multimedia e xeración de contidos, xestión de redes sociais, con capacidade de liderado e xestión de equipos. Deberá ter cando menos 5 anos de experiencia en xestión de proxectos de marketing dixital en redes sociais.

Tamén un community manager con titulación acreditativa de xestión de redes sociais e polo menos tres anos de experiencia en materia de xestión de redes sociais. Este perfil poderá coincidir co de líder do proxecto, sempre que reúna os requisitos definidos para o mesmo. E, finalmente, un especialista en deseño gráfico: deseñador/a gráfico/a titulado/a de contrastada experiencia en funcións de apoio e soporte ao servizo e experiencia mínima de tres anos en publicidade en RRSS, responsable da creación e edición de imaxes fixas e en movemento e a súa adaptación a cada un dos perfís.

Precisamente, para a selección da empresa, esta axencia propón facer un exercicio que consiste en simular, durante un ano, unha campaña que tería por título #Galiciaémadeira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta