A reunión de bombeiros comarcais en folga coa Xunta e as deputacións sáldase sen avances

"Volvemos ao momento de partida tendo que volver tratar e confirmar os puntos craves e o marco de entendemento xa recoñecido hai 11 días", expón o comité de folga. Agora, emprázanse a unha nova reunión o próximo 9 de outubro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2023 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

O comité de folga dos bombeiros comarcais de Galicia informa de que a reunión mantida este luns con representantes da Xunta e das catro deputacións saldouse "sen avances". Nun comunicado, os bombeiros en folga indefinida explican que, tras un primeiro encontro o pasado 14 de setembro, reuníronse este luns no Consello Galego de Relacións Laborais para continuar coas negociacións, pero esta cita "non serviu para case nada".

"Volvemos ao momento de partida tendo que volver tratar e confirmar os puntos craves e o marco de entendemento xa recoñecido hai 11 días", expoñen. Agora, emprázanse a unha nova reunión o próximo 9 de outubro. Os traballadores queixáronse ante deputacións e Xunta de que "a velocidade á que se están levando estas reunións e negociacións non é a adecuada se o que se persegue é solucionar o problema e normalizar o servizo".

Protesta de bombeiros comarcais en Santiago
Protesta de bombeiros comarcais en Santiago | Fonte: Arquivo

"Entendemos que se están dilatando os tempos máis do necesario, chegando ás reunións para confirmar o xa acordado, sen posibilidades de avance", lamentan os representantes dos sindicatos UGT, CC.OO., CIG, Sigbal, CSIF e USO. Os bombeiros comarcais comezaron o pasado 15 de xuño unha folga indefinida para reclamar que se cumpra unha sentenza do Tribunal Supremo do ano pasado para a conversión a persoal laboral fixo dos efectivos, á vez que demandan un convenio autonómico coas mesmas condicións para os traballadores, unido á mellora de medios e ao aumento de persoal.

Preto de 500 bombeiros comarcais de ao redor de 25 parques das catro provincias (con consorcios ao 50 % de Xunta e deputacións) están chamados a secundar unha folga indefinida autonómica que deixou varios parques pechados varios días durante os últimos meses debido á negativa dos profesionais a realizar horas extra para evidenciar o persoal insuficiente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta