Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2023 | Actualizada ás 15:12
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, puxo en valor este xoves a "valía política" da persoa que encabezará a candidatura dos socialistas ao goberno galego, o político lucense José Ramón Gómez Besteiro. "Non escollemos a un candidato, estou convencido de que escollemos ao futuro presidente da Xunta que poderá fin ao ciclo político do PP neste país", manifestou.
O xefe de filas do PSdeG pronunciouse deste xeito despois de que na xornada do mércores o que foi delegado do Goberno en Galicia se converta en candidato provisional da formación á Presidencia da Xunta ao ser a súa candidatura a única que reuniu os avais necesarios para competir no proceso interno.
Precisamente, o propio Formoso confirmou este xoves que a proclamación da súa candidatura xa é definitiva tendo en conta que non se rexistrou ningún recurso contra un proceso que cualificou de "impecable".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.