Abre as portas Xantar 2023, unha edición chea de novidades

A súa 24ª edición comezou este xoves 2 de novembro e alongarase ata o domingo 5. Entrada de balde, zona de tapeo e concertos nocturnos farán máis atractivo o encontro turístico-gastronómico deste ano.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 03/11/2023 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Xantar 2023 arrincou este xoves en Expourense incluíndo importantes novidades orientadas a atraer o público de proximidade. Entrada gratuíta, Zona de Tapas e concertos nocturnos sumados a un extenso programa con 140 actividades son os principais atractivos deste “novo Xantar” que, xa posicionado como punto de encontro profesional, busca agora tamén a implicación do público xeral.

Inauguración de Xantar 2023. Foto: Prensa Expourense.
Inauguración de Xantar 2023. Foto: Prensa Expourense.

Tras esta primeira xornada de feira, inaugurada polo Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, Xantar volve posicionarse como o mellor escaparate da calidade da enogastronomía galega e tamén da do Norte de Portugal. "Unha cita que exemplifica a unión desta Eurorrexión de máis de 7 millóns de habitantes", din dende a organización.

PROGRAMA

o programa de actividades de Xantar 2023 inclúe 140 opcións entre talleres de cociña, catas comentadas e degustacións. Nesta primeira xornada inaugural do xoves 2 de novembro celebrouse a gran final do XI Concurso Cuevas Gourmet na que os tres finalistas elaboraron os seus pratos a base de castaña diante dun xurado profesional. A entrega do premio ao gañador terá lugar o domingo 5 de novembro durante o acto oficial de clausura.

Esta primeira xornada contou tamén co concerto da primeira das tres bandas que amenizarán as noites de Xantar: Tonichi e Pacheco. Este venres tocarán os Gin Toni’s e o sábado a Dr. Slump Band. Todos os concertos son ás 21.00 h. e con entrada libre. Durante esta primera xornada celebrouse tamén a Gala de entrega dos Pratos de ouro, Gorros Brancos e Medallas de ouro de Radio Turismo. Como xa é habitual, este acto estivo presidido polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta