Seguen as chuvias e as alertas por vento en Galicia

Chega outra fronte ao país este mércores.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 08/11/2023 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

Galicia e Canarias terán este mércores risco por precipitacións, vento ou fenómenos costeiros, segundo ha avisa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), que prevé tempo estable no resto do país pero que destaca os ventos moi fortes no oeste dos litorais do Cantábrico e do norte de Galicia, os alisios fortes en Canarias e as precipitacións localmente fortes e persistentes no oeste da comunidade galega.

En concreto, terán activado o aviso de risco (amarelo) por precipitacións que poden sumar ata 50 litros por metro cadrado en 12 horas na Coruña e Pontevedra. Ademais, avisa a Lugo por risco de ventos con refachos máximos de ata 80 quilómetros por hora e na Coruña terán aviso amarelo por ventos do suroeste de forza 7 (de 50 a 61 quilómetros por hora).

Estes avisos débense a unha fronte que afectará á metade noroeste peninsular que deixará ceos nubrados ou cubertos con precipitacións, en xeral débiles, que avanzarán ao longo do día de noroeste a sueste, e serán menos probables canto máis ao sueste.

As máis intensas caerán sobre Asturias, noroeste de Castela e León e Galicia, con probabilidade de chegar a fortes ou persistentes no oeste desta comunidade. As nevadas afectarán a partir dos 1.400-1.600 metros na Cantábrica occidental, e ao redor de 1.300-1.500 metros en Pireneos ascendendo rapidamente por encima dos 2.200-2.500.

Vista do mar picado con edificios ao fondo.
Vista do mar picado con edificios ao fondo. | Fonte: Elena Fernández

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta