Os aeroportos galegos aumentan un 5% os seus pasaxeiros en outubro

Aena destaca a terminal de Rosalía de Castro que supera os 3 millóns de viaxeiros no que vai de ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2023 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

Os tres aeroportos galegos rexistraron un total de 550.371 pasaxeiros en outubro, máis de 26.000 que un ano antes (+5%), segundo os datos publicados por Aena este luns. Por terminais, a de Rosalía de Castro anótase 336.438 viaxeiros, un 1,3% máis na comparativa interanual. Supón unha marca neste mes en Santiago, xa que está ata un 27% por encima de antes da pandemia.

Pola súa banda, Alvedro é o aeroporto que máis crece en outubro en Galicia, un 13% máis, ata un total de 112.538 viaxeiros. No entanto, supón case un 10% menos que os datos na Coruña de 2019. Mentres, os pasaxeiros en Peinador repuntan un 9,9%, con 101.395. Neste caso é un 14,4% que en prepandemia.

Nos datos do acumulado no que vai de ano, entre xaneiro e outubro, o aeroporto de Santiago xa supera os 3 millóns de viaxeiros (3.086.108), un 10,5% superior ao mesmo período de 2022. A Coruña pasa a barreira do millón (1.054.417), un 35,6% máis interanual. E Vigo queda preto do millón (968.886), un 23,7% máis.

Aeroporto da Coruña
Aeroporto da Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta