O actor Antonio Durán 'Morris' pon voz en galego ao clásico 'A revolta dos animais'

A cineasta Gracia Querejeta dirixe esta adaptación ao formato audio, que chega ao distribuidor de contido de audio, Audible, na nosa lingua.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 21/11/2023 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

Tras converterse nun clásico da literatura universal durante o século XX, ‘A revolta dos animais’, chega en formato audio a Audible, empresa de Amazon adicada á distribución de contidos de escoita, e faino da man da recoñecida cineasta Gracia Querejeta, e nas catro linguas oficiais españolas: castelán, catalán, galego e euskera. Na versión en galego, será o carismático Antonio Durán 'Morris' quen lle poña voz a esta xoia.

Carátula de 'A revolta dos animais' en Audible
Carátula de 'A revolta dos animais' en Audible | Fonte: Audible

A revolta dos animais’ é unha obra da literatura que combina humor, enxeño e drama e que funciona como una sátira do réxime comunista, con animais que representan a personaxes políticos da época como Stalin, Lenin ou Trotski. A través dos personaxes animais, Orwell retrata os vicios e defectos do poder político, a corrupción, a manipulación, a propaganda e a violencia. Ao mesmo tempo, a novela é unha reflexión sobre a natureza humana, a liberdade e a xustiza.

Esta obra de George Orwell é unha fábula política que narra a historia dos animais da Granxa Manor, que se sublevan contra o granxeiro Jones, ao que acusan de explotalos e maltratalos. Inspirados polas ideas do Vello Maior, un porco sabio e respetado, os animais establecen unha nova sociedade baseada no principio de que “todos os animais son iguais”. Con todo, pronto descobren que algúns animais son máis iguais que outros, e que a revolución que iniciaron converteuse nunha tiranía.

Para a sua chegada ao formato audio, Gracia Querejeta, galardoada co premio á mellor película no Festival de Málaga de Cine Español en maio de 2004 por 'Héctor', e nomeada ao Goya como mellor dirección e adaptación de guión por 'Siete mesas de billar francés' en 2007, estivo ao frente do proxecto no que Pere Ponce, Bárbara Goenaga e Antonio Durán 'Morris' son os tres encargados de dar voz á obra tanto en castelán como nas suas respectivas linguas: encabeza o elenco da obra en catalán, Bárbara da versión euskera e, finalmente, 'Morris' faino no título galego.

“Afrontar a adaptación de ‘A revolta dos animais’ non foi unha tarefa fácil. Non só é unha das obras máis coñecidas do autor, senón que tamén é unha radiografía lúcida e intelixente da corrupción e o horror que adoitan envolver un poder ilimitado. Como aportar un gran de area á novela de Orwell? En todo caso, con enorme respecto e sen pretender desvirtuar nin un pouco o seu retrato da capacidade do ser humano para transformarse nun 'lobo para o home'. Os actores que dan voz aos personaxes, na súa maioría animais de granxa que se rebelan contra o xefe que os oprime, fixeron un gran traballo que, sen dúbida, contribuirá ao goce e á reflexión do oínte sobre esta obra que nos achega aos perigos que procrea o poder absoluto ”, comentou Querejeta sobre a producción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta