Bombeiros comarcais iniciarán este venres unha concentración permanente na Praza do Obradoiro

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/12/2023 | Actualizada ás 18:25

Comparte esta noticia

Os bombares comarcais que se atopan en folga desde o verán iniciarán este venres unha concentración permanente na Praza do Obradoiro de Santiago en demanda de avances na negocicación das novas condicións para o servizo. Nun comunicado subscrito por UGT, CIG, CC.OO., USO, CSIF e Sibgal, o comité de folga trasladou que comunicou á Subdelegación do Goberno que pretendían iniciar este 15 de decembro unha protesta pacífica no Obradoiro "en formato acampada".

Con todo, a solicitude foi denegada tras os informes emitidos polo Concello de Santiago e da Policía Nacional nos que se apuntaba, respectivamente, á celebración de actos relacionados co Nadal no espazo e ao risco por alerta terrorista. Por tanto, decidiron que a protesta se desenvolverá como unha concentración permanente cun retén de 20 bombeiros que, durante a noite, será menor pola negativa das autoridades a que se instalen tendas de campaña. Esta nova acción reivindicativa responde ao "crecente descontento" coa Xunta e as deputacións, aos que acusan de "romper acordos e mentir aos medios" mentres expoñen "un novo empeoramento" das condicións laborais dos traballadores.

Protesta de bombeiros comarcais queimándose ao bonzo en Santiago
Protesta de bombeiros comarcais queimándose ao bonzo en Santiago | Fonte: E.P. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta