O centro de saúde de Pontedeume terá nos próximos meses servizo de Radioloxía

En xaneiro está previsto que este finalizada a sala que acollerá este novo equipamento.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 13/12/2023 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

O centro de saúde de Pontedeume disporá nos próximos meses dun novo servizo de Radioloxía, nunha nova sala que, previsiblemente, estará finalizada en xaneiro de 2024, tras un investimento de algo máis de 160.000 euros.

O xerente da área Sanitaria de Ferrol, Anxo Facio, e a delegada da Xunta, Martina Aneiros, visitaron na mañá deste mércores estas instalacións de atención primaria situadas na comarca do Eume, onde puideron comprobar o estado da zona que albergará este novo servizo, non dispoñible ata o momento nesta localidade.

Dotarase así a este centro de saúde dunha maior capacidade diagnóstica, xa que se trata de novos equipos que permitirán obter con maior rapidez un diagnóstico precoz, axudarán no seguimento de patoloxías, e evitarán desprazamentos aos pacientes a outras localidades.

A posta en marcha desta sala de raios forma parte dun investimento do Goberno galego de 30 millóns de euros, executado neste ano 2023, en reforzo do equipamento da atención primaria. Así, o Sergas licitou nos últimos meses diversos contratos para reforzar o equipamento dos centros de saúde. No caso de Pontedeume, ademais dunha nova sala de raios X, tamén se beneficiará dun novo ecógrafo, un desfibrilador, un bisturí eléctrico para a realización de cirurxía menor ambulatoria, e dous dispositivos de monitorización ambulatoria da presión arterial. Tamén se dotou o centro dun equipo multidiagnóstico, así como unha ducia de novas padiolas de exploración, transporte e fisioterapia.

Sistema de radioloxía dental en tres dimensións
Sistema de radioloxía dental en tres dimensións | Fonte: HM

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta