Furor en Galicia pola Lotaría de Nadal, crecen as vendas un 7,1%

A facturación total foi de case 210 millóns de euros.

Por E.P. | MADRID | 22/12/2023 | Actualizada ás 09:50

Comparte esta noticia

O Sorteo Extraordinario de Nadal facturou na súa edición do ano 2023 un total 3.318.931.500 euros, o que representa un 4,37% máis que no de 2022, segundo datos provisionais de Lotaría e Apostas do Estado (LAE).

Os bombos do Sorteo Extraordinario de Nadal no Teatro Real
Os bombos do Sorteo Extraordinario de Nadal no Teatro Real | Fonte: LOTARÍAS DO ESTADO

Galicia é a segunda autonomía onde máis creceron as vendas, un 7,1% con respecto ao ano pasado, tan só por detrás de Asturias (+8,65%). Así, a facturación alcanzou os 208.243.460 euros, un desembolso de 77,37 euros por habitante.

As vendas creceron en toda as provincias. A Coruña (+7,79%) e Lugo (+7,16%) situáronse entre os crecementos máis altos de toda España, mentres que en Pontevedra subiron un 6,38% e en Ourense, un 6,17%.

En canto ao gasto por habitante, os lucenses volveron a situarse á cabeza en Galicia con 97,11 euros por cada veciño. Na Coruña, cada habitante gastou unha media de 82,27 euros. Os pontevedreses deixáronse en Lotaría de Nadal 70,83 euros de media e á cola situáronse os ourensáns, con 58,54 cada un.

O gasto medio por habitante en España no sorteo foi de 69,97 euros, con Castela e León á cabeza ao superar os 111 euros por habitante, seguido de Asturias con 106 e A Rioxa con 102. Ao contrario, Baleares foi a comunidade onde menos se gastou (42,98 euros de media), xunto a Melilla (17,05 euros) e Ceuta (19 euros).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta