Pancho Varona trae a súa nova xira a Galicia con paradas en Santiago e Ourense os días 15 e 16 de marzo

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2024 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

Pancho Varona pasará por Galicia coa súa nova xira e fará parada en Santiago de Compostela, o 15 de marzo, e en Ourense ao día seguinte, o 16 de marzo. O concerto da capital celebrarase no Riquela Club ás 21.00 horas; e en Ourense, no Teatro Principal ás 20.00 horas. Para ambos os espectáculos pódense retirar as entradas na páxina web de ataquilla.com.

"Varona compartirá as historias que deron vida a cancións inesquecibles, ofrecendo unha experiencia que vai máis aló da música. Un verdadeiro diálogo entre o artista e o seu público, por isto poderedes saber algo máis delas, como, cando ou onde naceron", explican os responsables nun comunicado. Apuntan ademais que "non só soarán grandes éxitos", senón que Varona sacará tamén do baúl as Caras B, "dándolles a súa merecida homenaxe, nunha celebración da profundidade e diversidade da súa obra".

Pancho Varona
Pancho Varona | Fonte: A 10 PLANTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta