A versión cómic de 'Memorias dun neno labrego' chega ás librarías esta semana

O libro máis lido e traducido da literatura galega chega da man das ilustracións de Iria Alegunde "debuxado con sentimento e bo pulso narrativo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A adaptación visual en formato cómic de 'Memorias dun neno labrego', de Xosé Neira Vilas e con ilustracións de Iria Alegunde, chegará ás librarías esta semana. Publicada na colección Novela Gráfica, a adaptación a cómic do clásico de Neira Vilas "está debuxada con sentimento e bo pulso narrativo". Destacan no comunicado que se trata do libro máis lido e traducido da literatura galega, "unha das obras que fundan a narrativa contemporánea galega e que agora se presenta por primeira vez nunha adaptación gráfica".

Xosé Neira Vilas (Gres, 1928-2015) foi membro numerario da Real Academia Galega e doutor Honoris Causa polas Universidades da Coruña e A Habana. Pola súa banda, Iria Aldegunde (Santiago de Compostela, 2000) é historietista. Compaxinou os seus estudos de Filoloxía Inglesa coa súa formación en cómic na escola profesional O Garaxe Hermético. Participou nos libros colectivos 'Florencio' (2022) e 'Gaspariño XXI' (2023).

Novela gráfica de 'Memorias dun neno labrego', adaptación de Iria Aldegunde do clásico Xosé Neira Vilas. EDITORIAL GALAXIA
Novela gráfica de 'Memorias dun neno labrego', adaptación de Iria Aldegunde do clásico Xosé Neira Vilas. EDITORIAL GALAXIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta