A CIG sairá ás rúas este xoves para protestar contra a "institucionalización da pobreza laboral"

Porque di "ter traballo xa non permite os ingresos necesarios para vivir dignamente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2024 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

A CIG sairá ás rúas de Santiago este xoves nunha manifestación para alertar da "institucionalización da pobreza laboral" porque "ter traballo xa non permite os ingresos necesarios para vivir dignamente".

Así o explicou o secretario xeral da central nacionalista, Paulo Carril, que presentou este luns en rolda de prensa o lanzamento dunha campaña contra a "precaridade" do sistema laboral estatal que consideran que a última reforma laboral afianzou.

A CIG, que celebrará unha asemblea nacional de delegados no Multiusos do Sar antes de partir en manifestación polas rúas da capital galega a partir das 12,00 horas do xoves, considera que a reforma laboral aprobada hai dous anos polo Goberno de coalición de PSOE e Unidas Podemos cambiou " o estatísticas pero non a realidade".

Para Paulo Carril, esta modificación do marco xeral de contratacion supuxo a "xeneralización da contratación a tempo parcial e a fixa-descontinua", que, di, "substituíu os contratos temporais" cun aumento do 125,1% desde 2021.

Tamén puxo o acento en que a caída do 20,7% nos despedimentos estivo acompañada dun descenso na media de indemnizacións recibidas "do 34,9%", co que, segundo Carril, esta reforma supón "un avance no despedimento libre e gratuíto" pois "a patronal dispón de máis mecanismos legais para empeorar as condicións laborais e salariais".

"Ter traballo xa non permite os ingresos necesarios para vivir dignamente e poder acceder a dereitos básicos como alimentación e vivenda", sentenciou o máximo responsable da CIG, que sostén que esta situación afecta especialmente a mulleres e novas, "convertidos a man de obra barata".

Así, acusou aos gobernos da Xunta e do Estado de permitir que "o capital" sexa quen "planifica" as súas políticas e lexislacións laborais que inciden no proceso de "desmantelamento, desregulación e flexibilización dos dereitos e condicións laborais".

Trátase dun "conxunto de medidas regresivas para a clase traballadora" que ve feitas "para satisfacer as esixencias da UE e recibir os fondos europeos" e que ve "complementado" con "o papel entusiasta do chamado diálogo social, de CCOO e UXT, que viven na permanente colaboración". Tras afear ás dúas organizacións con maior representación a nivel estatal o seu "entreguismo" e "renuncia sindical", Paulo Carril apelou á mobilización social para "conseguir a aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos e favoreza novos dereitos e regulacións".

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, na rolda de prensa. CIG
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, na rolda de prensa. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta