Morre un home tras un choque frontal en Antas de Ulla

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2024 | Actualizada ás 09:44

Comparte esta noticia

Un home faleceu este xoves tras chocar o coche que conducía contra outro vehículo no municipio lucense de Antas de Ulla.

Segundo informou o 112, no momento de producirse o accidente, os vehículos circulaban pola N-640 ao seu paso pola parroquia de Dorra.

Así o indicaba un dos particulares implicados no sinistro que chamou dez minutos antes das 23 horas ao 112 Galicia para pedir axuda. Segundo o seu relato, perdeu o control do seu vehículo e chocou contra un turismo, no cal viaxaba unha persoa que precisaba asistencia sanitaria urxente, xa que parecía estar inconsciente.

Con estes datos, os xestores do 112 Galicia puxeron enseguida en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de Monterroso e aos axentes da Garda Civil.

A pesar dos esforzos, nada se puido facer por salvarlle a vida ao condutor dun dos vehículos implicados no accidente. A maiores, outra persoa foi atendida no punto polo persoal sanitario debido a feridas leves, aínda que non foi necesario o seu traslado.

Imaxe de arquivo dun accidente de tráfico
Imaxe de arquivo dun accidente de tráfico | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta