Buscan a unha muller desaparecida desde o día 14 no Carballiño

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/02/2024 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

SOS alertou da desaparición dunha muller no Carballiño e que falta do seu domicilio desde o pasado 14 de xaneiro, segundo informa. Trátase de María Angeles Millara Moa, de 55 anos e 1,65 de estatura e complexión normal. Ten, de acordo cos datos achegados, pelo canoso e longo e ollos verdes.

Desapareceu na zona do río Arenteiro, precisan desde a organización que facilitan dous números de teléfonos: o 649 952 957 e o 644 712 806. Tamén o mail info@sosdesaparecidos.es en caso de ter algún dato.

Muller desaparecida no Carballiño (Ourense). SOS DESAPARECIDOS
Muller desaparecida no Carballiño (Ourense). SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta