A Fegamp solicita á Xunta información sobre a xestión das axudas á compra de decodificadores TDT

Anunciadas polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o pasado xoves 8 de febreiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2024 | Actualizada ás 20:27

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) púxose en contacto coa Secretaría Xeral de Medios da Xunta para coñecer o procedemento de xestión das axudas á compra dos novos decodificadores vía satélite da TDT, co obxectivo de poder proporcionar esa información aos concellos e usuarios afectados.

Estas axudas foron anunciadas polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o pasado xoves 8 de febreiro, despois do Consello da Xunta, coincidindo coa proximidade da data final de emisión en calidade estandar (SD) da TDT, prevista para o 14 de febreiro de 2024.

En opinión da Fegamp, "urxe resolver a situación dos concellos e usuarios afectados pola compra dos novos decodificadores" que, segundo a Xunta de Galicia, chegaría a 4.300 vivendas en 260 concellos dos 313 galegos. As axudas anunciadas pola Xunta prevén sufragar o 100% do custo do decodificador e da súa instalación nas primeiras vivendas, cun máximo de 400 euros, e o 505 nas segundas residencias, cun límite máximo de 200 euros.

Arquivo - Unha persoa utiliza o seu mando da televisión para buscar canles. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha persoa utiliza o seu mando da televisión para buscar canles. Ricardo Rubio - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A estafa TDT non ten límites... Se botaramos contas dos miles de millóns que levamos gastados gracias ás mentiras da TDT e o resultado vai ser que a TDT serve básicamente para TeleTienda e Tarot o resto das programacións son tan noxentas coma perigosas para manter a Saúde Mental dos televidentes.... E aínda así poñen máis paus nas rodas para que a xente non teña máis remedio que PAGAR Plataformas Privadas para ver unha película decente á semna... e ás veces tampouco agás que pagues Netflix ou PrimeVídeo, etc... A Gran Estafa da TDT comezou cun tal ZP que agora volve estar de moda en campaña electoral... O 14 Día de San Valentín a Mafia volve machacar aos galegos sen cobertura... https://gamela00.blogspot.com/2010/...