Asime apela ás enerxías renovables e á internacionalización para impulsar o tecido industrial galego

A xunta directiva da asociación analizou na cidade herculina os retos e as expectativas de crecemento no sector.

Por E.P. | A CORUÑA | 16/02/2024 | Actualizada ás 18:23

Comparte esta noticia

A Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas (Asime) apelou ás enerxías renovables e a internacionalizción para impulsar o tecido industrial galego. Foi nunha reunión da xunta directiva, na cidade herculina, para abordar a situación actual e previsións do sector industrial do metal e as súas tecnoloxías asociadas.

Mentres a asociación pecha as cifras do seu informe anual, que presentará nas próximas semanas, a xunta analizou, entre outros aspectos, a carga de traballo do sector, expectativas de crecemento e retos como a falta de persoal cualificado, que preocupan á patronal do metal pola perda de competitividade que pode provocar.

No encontro, Justo Sierra, presidente de Asime, sostivo que se está "nun bo momento para a nosa industria no que á carga de traballo se refire". "En global, as nosas empresas están a un 85% de capacidade produtiva ocupada", afirmou.

Neste contexto, engadiu que "o reto é seguir crecendo para manter esa tendencia, pero para iso temos que salvar obstáculos como o da falta de profesionais cualificados". Pola súa banda, Enrique Mallón, secretario eneral de Asime, lembrou a necesidade dun peso industrial estratéxico en Galicia.

Xunta directiva de Asime. ASIME
Xunta directiva de Asime. ASIME | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta