Luz verde á construción de tres parques eólicos de Greenalia na provincia de Lugo

Un deles sitúase na Pastoriza (chamado Carballal); outro entre A Pastoriza e Meira (As Louseiras); así como un terceiro entre os municipios de Becerreá, Baralla e Baleira (Monteiro).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2024 | Actualizada ás 14:53

Comparte esta noticia

A Xunta outorgou a autorización administrativa previa e de construción para tres parques eólicos de Greenalia na provincia de Lugo, os cales xa superaran o trámite ambiental. En concreto, un deles sitúase na Pastoriza (chamado Carballal); outro entre A Pastoriza e Meira (As Louseiras); así como un terceiro entre os municipios de Becerreá, Baralla e Baleira (Monteiro).

Así, o parque de Monteiro, que abarca tres concellos lucenses, será o de maior extensión deste tres, xa que contará con cinco aeroxeradores e terá unha potencia de 33 megawatts, cun orzamento de máis de 25 millóns de euros. Pola súa banda, o parque eólico das Louseiras contará con case 20 megawatts de potencia a través de tres aeroxeradores. Neste caso Greenalia prevé un investimento de máis de 16 millóns de euros.

Así mesmo, o parque Carballal contará con tres aeroxeradores, cunha potencia de 18,75 megawatts. O investimento previsto é de 16 millóns de euros neste caso.

Parque eólico de Greenalia en Vimianzo / Greenalia / Europa Press
Parque eólico de Greenalia en Vimianzo / Greenalia / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta