Xosé Manuel Sánchez Aguión, Dolores Fernández Galiño e José Antonio Uris Guisantes reciben os Premios 10 de Marzo

No acto celebrado en Santiago lembraron os feitos acontecidos en Ferrol que marcaron o devir da historia, onde Comisións Obreiras "foi protagonista".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2024 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

Xosé Manuel Sánchez Aguión, Dolores Fernández Galiño e José Antonio Uris Guisantes recibiron os Premios 10 de Marzo por Comisións Obreiras de Galicia (CC.OO). O acto que se celebrou este sábado en Santiago de Compostela estivo conducido pola xornalista Aida Pena e contou coa presenza do secretario xeral de CC.OO, Unai Sordo, a secretaria xeral de CC.OO. Galicia, Amelia Pérez, e a directora xeral de Relacións Laborais da Xunta, Elena Mancha, entre outros.

Estes galardóns conmemóranse cada ano coa "vontade e o empeño" de homenaxear ás persoas que "loitaron" polas liberdades sociopolíticas e que destacaron polo seu "compromiso" na consecución da democracia. Neste acto lembraron os feitos acontecidos en Ferrol que marcaron o devir da historia e onde Comisións Obreiras "foi protagonista".

Amelia Pérez fixo referencia aos premiados. A José Antonio Uris como "un compromiso de vida en defensa da memoria democrática", a Dolores Fernández Galiño, polo seu "compromiso feminista" dentro de toda a súa traxectoria vital e a "o seu querido" José Manuel Sánchez Aguión, exsecretario xeral de CC.OO en Galicia.

Pola súa banda, Unai Sordo mostrouse satisfeito de poder participar un ano máis nesta entrega e incidiu en que "é moi bo" que o sindicato se referencie en datas históricas de "como se xestou a democracia" e que se relacione e recoñeza as traxectorias de persoas "non necesariamente" vinculadas de primeira man á organización.

Durante a cerimonia proxectaron vídeos con fotografías de cada un dos galardoados e, finalmente, os premiados fixéronse unha foto de familia.

Premios 10 de marzo. CC.OO
Premios 10 de marzo. CC.OO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta