Temas: MúSICA

Santiago acolle o único concerto de Raphael Sinphónico

O coñecido cantante ofrecerá o sábado, 14 de novembro (20:30 horas) no Palacio de Congresos de Santiago, o único concerto Sinfónico en Galicia durante o ano 2015, coa participación da Orquesta Gaos.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 17/09/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A carreira de Raphael parece non ter límites. A piques de cumprir os 55 anos sobre os escenarios, o artista volve a sorprender presentando por primeira vez unha xira sinfónica.

Cartel de Raphael sinphónico
Cartel de Raphael sinphónico

"Estíveno esperando 55 anos, traballando para que ao fin chegase. Todo este tempo, paso a paso, sen présas pero a conciencia. E aquí está. Sinphonico", declarou o artista. Raphael asegura que "a ilusión, o soño da miña vida sempre foi este: cantar e levar ao público o meu espectáculo acompañado e protexido por unha gran orquestra sinfónica".

As entradas para asistir a este exclusivo concerto xa están á venda a través de www.ataquilla.com; con prezos segundo zona de: 35,00, 40,00, 50,00, 60,00 e 65,00 euros, máis gastos.

Este venres, 18 de setembro sae á venda "Raphael Sinphonico", un CD/DVD gravado en directo o pasado día 22 de xullo no Teatro Real de Madrid, que pode ser un bo aperitivo para os seus miles de fans en Galicia á espera da gran cita do 14 de novembro en Santiago.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta