Russia Today narra a procesión de galegos vivos en ataúdes

"Non os enterredes aínda! Os vivos transportados en ataúdes en Galicia", así titula a canle RT (Russia Today) a súa crónica sobre a Romaría de Santa Marta de Ribarteme (As Neves), que posúe como singularidade unha famosa procesión de cadaleitos arredor da igrexa parroquial. Dentro dos cadaleitos van persoas vivas que deste xeito agradécenlle á santa a súa axuda na cura dalgunha doenza.

Por Galicia Confidencial | As Neves | 19/09/2015 | Actualizada ás 23:13

Comparte esta noticia

Trátase dunha das romarías máis antigas do país, que chamou a atención de moitos medios internacionais. The Guardian cualificouna como a segunda festa máis curisosa do globo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta