Morre un home ao caerlle unha árbore que estaba cortando en Ponteareas

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 20/03/2024 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

Un home morreu este mércores no municipio pontevedrés de Ponteareas ao caerlle encima unha árbore mentres realizaba unha talla nunha leira da parroquia de Xinzo.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar minutos antes das 09,00 horas nunha leira propiedade do falecido situada no lugar da Barreira. O home foi golpeado por unha árbore que acababa de cortar, traballos que realizaba en compañía doutra persoa que foi a encargada de dar a voz de alarma aos servizos de emerxencia.

Ata o lugar mobilizouse un equipo de Urxencias Sanitarias 061 desprazados no helicóptero con base en Ourense, que non puideron facer nada pola vida do falecido.

Talla de árbores
Talla de árbores | Fonte: ECOLOXISTAS EN ACCIÓN

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta