O escritor e profesor universitario Anxo Angueira ingresará o 27 de abril na Real Academia Galega

O acto celebrarase de maneira aberta no auditorio municipal de Padrón o 27 de abril

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/04/2024 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

Anxo Angueira Viturro (Dodro, 1961) ingresará na Real Academia Galega (RAG) nunha sesión extraordinaria pública que terá lugar o 27 de abril, no auditorio municipal de Padrón, a partir das 12,00 horas.

O profesor da Universidade de Vigo e escritor, actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, pronunciará o discurso titulado 'I é a noite, i é a aurora. A poética da luz de Rosalía de Castro', ao que lle dará resposta en nome da institución académica Chus Pato.

A entrada é libre ata completar a capacidade da sala. A sesión, organizada co apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Padrón, poderá seguirse tamén en directo desde academia.gal.

Anxo Angueira Viturro é profesor titular da área de filoloxías galega e portuguesa da Universidade de Vigo e centra os seus estudos na xénese e nas características do Rexurdimento.

Arquivo - Anxo Angueira. RAG - Arquivo
Arquivo - Anxo Angueira. RAG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta