En profundidade.- Sobre ceses e outras cuestións

Galicia Confidencial estivo sondeando diferentes opinións dentro do BNG e do entorno da conselleira, todos eles militantes nacionalistas, para tentar desgranar o que acontece logo do cese de Carlos Amoedo como director xeral deste departamento autonómico...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/11/2008 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

None

Pero nesta andadura, a conselleira topou con serias dificultades dentro do seu propio departamento; entre eles o do secretario xeral, Carlos Amoedo, ou o do director xeral de Difusión Cultural, Luis Bará, que permaneceron fieis ao oficialismo nacionalista, sen ter en conta outros cargos intermedios que se postularon a favor e en contra de Bugallo. Con Bará (a quen acusan de estar detrás dos actos de Amoedo) as relacións, aínda que tirantes, seguiron e seguirán adiante ata o final da lexislatura, pero co secretario xeral da consellería era diferente. Como o seu número dous, Amoedo controlaba prácticamente a engranaxe da consellería, algo que non lle gustaba á conselleira porque temía que "lle colara algunhas cousas pola porta de atrás" sen que ela mesma se dera conta.

Os encontronazos e cabreos foron a máis e Bugallo advertiulle a Quintana que perdera toda a confianza en Amoedo, pero o líder nacionalista deu a entender que habería que agardar ao final da lexislatura. Sen embargo, os feitos precipitaronse cando a conselleira descubriu que Amoedo "estaba maniobrando as súas costas". Farta deste doble xogo decidiu cesalo fulminantemente, algo que provocou a súas iras e o seu cese fulminante que foi comunicado a Quintana unhas horas antes de que entrara no Consello da Xunta.

Fontes da dirección do BNG aseguran, pola contra, que a conselleira decidiu "quitar do medio" a Amoedo porque era o "único" que lle facía fronte na súa intención de "privatizar" a Cidade da Cultura. Apuntan que a súa decisión de pedir un informe da asesoría xurídica xeral da Xunta sobre a legalidade da constitución da fundación privada da Cidade da Cultura foi o que provou as iras de Bugallo, así como todo o seu traballo en poñer "os puntos sobre os ies" en todo o relacionado con este proxecto.

Posición oficial

"Se tan en contra están no BNG coa fundación privada porque non fan un comunicado ao respecto. Non hai ningunha decisión da Executiva nin do Consello Nacional que se posicione en contra", aseguran fontes próximas á conselleira. GC tentou verificar este aspecto en conversas con membros da Executiva e do Consello Nacional e aseguran que non teñen coñecemento da existencia de documentos oficiais que se opoñan a esta fundación. Sen embargo, e tal e como comentamos aquí, na pasada Asamblea Nacional, Lois Diéguez, da UPG de Lugo, cargou contra o proxecto da Cidade da Cultura e, especialmente, contra a fundación prevista para a súa xestión. Tamén membros do MPLB e do Encontro Irmandiño teñen criticado esta cuestión nalgúnhas das xuntanzas nacionalistas.

A última referencia a esta cuestión produciuse no Consello Nacional do pasado venres convocado para abordar un informe da Executiva sobre a situación económica. No turno de rogos e preguntas, novamente un membro da UPG, esta vez Duarte Correa, responsable comarcal do BNG no Salnés, reclamou a Executiva que se explicara o cese de Amoedo, petición que foi denegada por Francisco Jorquera (xa sen Quintana na sala porque marchara a unha conferencia de Jordi Puyol) alegando que non estaba na orde do día.

En todo caso, a decisión de Bugallo de prescindir de Amoedo abriu unha pequena fenda na dirección nacionalista a menos de cinco meses das autonómicas. Un feito que incomodou, especialmente, a Quintana. Hai quen mesmo lle chegou a recomendar o cese da conselleira, algo que non está en riba da mesa, precisamente, porque abriría unha crise de imprevisibles consecuencias a pouco tempo dunhas eleccións.

Polo momento, a solución adoptada parece convencer a todas as partes; situar a Carlos Sierra como substituto de Amoedo. Bugallo ten máis confianza nel e na dirección nacionalista din que é un quintanista convencido. Para o que xa non hai arranxo é para a escalada de reproches.

"Machismo"

Fontes próximas á conselleira acusan á UPG, co beneplácito de Quintana, de iniciar unha "caza de bruxas" contra Bugallo e din que non lle está a gustar nada que, dende certos ámbitos do BNG, se lle critique polo seu xeito de vestir e, especialmente, pola súa vinculación sentimental co conselleiro de Economía, "o que fai pensar a algúns que está vendida ao PSOE".

Tamén se queixan da belixerancia de certos medios de comunicación contra a conselleira e aseguran que certos editores actúan coma mafiosos. "Se non se fai coma eles queren entón xa estás marcado de por vida".

Dende a dirección do BNG aseguran que non hai "constancia de ningún tipo" que vinculen a membros do Bloque ou da UPG con este tipo de comentarios e suliñan que sempre foron "moi respetuosos" coa vida privada de todos os conselleiros.

"Menos mal que quedan só cinco meses para que remate todo isto", apunta unha fonte da Executiva consultada por GC que agarda que non se produzan máis sobresaltos ata os vindeiros comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

24 garimpeiro

La bugallo muy lista no te es, le sobran cojones y le falta cabeza por lo que se ve la van a correr a gorrazos hasta Vega de Valcarce, mientras tanto el Amoedo este disfrutando de la fortuna amasada en el ejercicio del cargo. Con los 300 euros esos seguro que se paga dos noches en el balneario de guitiriz y un bote de pegamento para olvidar la pesadilla de la coronela.

23 Ezequiel o profeta

Amigos de galicia confidencial, lo clavasteis coa foto que puxestes para encabezar o debate.
En verdade en verdade vos digo, irmáns, Amoedo crucificado polas romanas e pilatos resucitará aos tres meses para reinar á esquerda do Pai.
Anxela e o seu séquito arderá no inferno por toda a eternidade.
Amén.

22 yate digo

Dixeronme que un tal Subiela estaba de estratega na Cidade da Cultura.
Este non era o de Cidadanía?
Agora entendo, a estratexia consiste en montar unha empresa para muxir a vaca, non hai queser moi listo, estes sonche asi, que lle pregunten a Lois o de Vieiros e a Castro o leite que levan muxido, esas son as facturasque interesan e non as da Habana

21 zeca alfonso

lucía na sua intervención deixou unha perla de c_arallo:

- "polo ben do BNG, é mellor apagar o ventilador"

pois mira miña rula. gobernar é o que ten. implica moitas obrigas cos cidadáns. a fundamental: a transparencia e a información.

¿queres dicir que ainda agochades máis merda?

pois ...

O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena

20 tinto

Ser muller, conselleira e ter criterio é algo que algúns non poden perdoar.Clarete: Cando un é elexido por unha organización para un cargo non é "manexado". Xustamente quen son elexidos e elexidas teñen que garantir que non van ser "manexados". Nin polo poder mediático, nen polo poder partidario, nen polo poder económico. Como dicía o poeta zamorano: "libre te quiero como arroyo que brinca de peña en peña, pero no mía". Polo que vou lendo hai persoas libres no goberno. Eu estou encantado.