En profundidade.- Sobre ceses e outras cuestións

Galicia Confidencial estivo sondeando diferentes opinións dentro do BNG e do entorno da conselleira, todos eles militantes nacionalistas, para tentar desgranar o que acontece logo do cese de Carlos Amoedo como director xeral deste departamento autonómico...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/11/2008 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

None

Pero nesta andadura, a conselleira topou con serias dificultades dentro do seu propio departamento; entre eles o do secretario xeral, Carlos Amoedo, ou o do director xeral de Difusión Cultural, Luis Bará, que permaneceron fieis ao oficialismo nacionalista, sen ter en conta outros cargos intermedios que se postularon a favor e en contra de Bugallo. Con Bará (a quen acusan de estar detrás dos actos de Amoedo) as relacións, aínda que tirantes, seguiron e seguirán adiante ata o final da lexislatura, pero co secretario xeral da consellería era diferente. Como o seu número dous, Amoedo controlaba prácticamente a engranaxe da consellería, algo que non lle gustaba á conselleira porque temía que "lle colara algunhas cousas pola porta de atrás" sen que ela mesma se dera conta.

Os encontronazos e cabreos foron a máis e Bugallo advertiulle a Quintana que perdera toda a confianza en Amoedo, pero o líder nacionalista deu a entender que habería que agardar ao final da lexislatura. Sen embargo, os feitos precipitaronse cando a conselleira descubriu que Amoedo "estaba maniobrando as súas costas". Farta deste doble xogo decidiu cesalo fulminantemente, algo que provocou a súas iras e o seu cese fulminante que foi comunicado a Quintana unhas horas antes de que entrara no Consello da Xunta.

Fontes da dirección do BNG aseguran, pola contra, que a conselleira decidiu "quitar do medio" a Amoedo porque era o "único" que lle facía fronte na súa intención de "privatizar" a Cidade da Cultura. Apuntan que a súa decisión de pedir un informe da asesoría xurídica xeral da Xunta sobre a legalidade da constitución da fundación privada da Cidade da Cultura foi o que provou as iras de Bugallo, así como todo o seu traballo en poñer "os puntos sobre os ies" en todo o relacionado con este proxecto.

Posición oficial

"Se tan en contra están no BNG coa fundación privada porque non fan un comunicado ao respecto. Non hai ningunha decisión da Executiva nin do Consello Nacional que se posicione en contra", aseguran fontes próximas á conselleira. GC tentou verificar este aspecto en conversas con membros da Executiva e do Consello Nacional e aseguran que non teñen coñecemento da existencia de documentos oficiais que se opoñan a esta fundación. Sen embargo, e tal e como comentamos aquí, na pasada Asamblea Nacional, Lois Diéguez, da UPG de Lugo, cargou contra o proxecto da Cidade da Cultura e, especialmente, contra a fundación prevista para a súa xestión. Tamén membros do MPLB e do Encontro Irmandiño teñen criticado esta cuestión nalgúnhas das xuntanzas nacionalistas.

A última referencia a esta cuestión produciuse no Consello Nacional do pasado venres convocado para abordar un informe da Executiva sobre a situación económica. No turno de rogos e preguntas, novamente un membro da UPG, esta vez Duarte Correa, responsable comarcal do BNG no Salnés, reclamou a Executiva que se explicara o cese de Amoedo, petición que foi denegada por Francisco Jorquera (xa sen Quintana na sala porque marchara a unha conferencia de Jordi Puyol) alegando que non estaba na orde do día.

En todo caso, a decisión de Bugallo de prescindir de Amoedo abriu unha pequena fenda na dirección nacionalista a menos de cinco meses das autonómicas. Un feito que incomodou, especialmente, a Quintana. Hai quen mesmo lle chegou a recomendar o cese da conselleira, algo que non está en riba da mesa, precisamente, porque abriría unha crise de imprevisibles consecuencias a pouco tempo dunhas eleccións.

Polo momento, a solución adoptada parece convencer a todas as partes; situar a Carlos Sierra como substituto de Amoedo. Bugallo ten máis confianza nel e na dirección nacionalista din que é un quintanista convencido. Para o que xa non hai arranxo é para a escalada de reproches.

"Machismo"

Fontes próximas á conselleira acusan á UPG, co beneplácito de Quintana, de iniciar unha "caza de bruxas" contra Bugallo e din que non lle está a gustar nada que, dende certos ámbitos do BNG, se lle critique polo seu xeito de vestir e, especialmente, pola súa vinculación sentimental co conselleiro de Economía, "o que fai pensar a algúns que está vendida ao PSOE".

Tamén se queixan da belixerancia de certos medios de comunicación contra a conselleira e aseguran que certos editores actúan coma mafiosos. "Se non se fai coma eles queren entón xa estás marcado de por vida".

Dende a dirección do BNG aseguran que non hai "constancia de ningún tipo" que vinculen a membros do Bloque ou da UPG con este tipo de comentarios e suliñan que sempre foron "moi respetuosos" coa vida privada de todos os conselleiros.

"Menos mal que quedan só cinco meses para que remate todo isto", apunta unha fonte da Executiva consultada por GC que agarda que non se produzan máis sobresaltos ata os vindeiros comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

19 alberto

ai torrebruno! a tua altura delátate! ;-) tes un discurso elaborado, propio de C.A., ningén lle discute dita capacidade...agás a de xestión na que amosóu, ser un inútil total (dito esto sen animo de ofender, e soamente con fins descriptivos) deixa de bla bla bla propio de telecinco e da mais argumentos, p.e se cadra (e un decir) que AB está pelexada con JRFA...esto afecta os teus argumentos? ou e unha cuestión de parella que non debería ser aborada neste foro? i eses rumores interesados de "Anxela a se vai pasar o psoe" ¿quen os circula? amigo! eu estou por dicir como CJC "el que resiste vence" ...Anxela resiste e Amoedo? ... foi del? e ese o poderío da UPG? o espírito de sacrificio que predicóu toda a sua vida FR? quia!

18 Salvador

Mellor deixala en paz. Para o que lle queda... O malo é o que deixará atado.

17 alberto

sen ánimo de faltar, "o outro"...paso...de guerras, de compis etc, etc, de riquiños, non sei, ti saberás mais, seguramente, eu non lucro-ei, desde o meu traballo, os amigos-as. que cadaquén faga exame de concencia :-(

16 Torrebruno

Se xa no "avance" sobre o cese en cultura chegouse aos 93 post, aonde chegaremos con esta invitación a "profundizar" no asunto!
Comentarios xornalísticos como os de Lois Blanco ou Anxo Lugilde cravan bastante a cuestión, mais non a esgotan. Son moitos os factores presentes. O que máis chama a atención, a meu xuízo, é a torpeza e temeridade política máximas que acaba de cometer unha conselleira nos estertores do seu mandato, atirando todas as miradas, valoracións e focos ao que foi a súa forma de traballar e ao que vai ser o seu testamento político xunto co do conselleiro de economía, a venta da cidade da cultura a non se sabe ben que empresarios. Co cese de Amoedo, un movimento hostil, extemporáneo e inmotivado, todo indica que Anxela quixo mandarlle un recado ao BNG: eu sigo sendo a que manda aquí. Ao facelo a poucos meses das vindeiras eleccións e sen ningún tipo de rede de apoio interno, a conselleira entonou o seu canto de cisne: rematou a súa carreira política no BNG, quizá mesmo voluntariamente.
Hai tumultos entre os voluntarios que se apuntan para fusilala por chula, desleal, prepotente e falsa. Mais as responsabilidades e causas políticas desta situación van alén de Anxela; sitúanse nun reducido número de poderosos: Touriño, o conselleiro de economía e o Vicepresidente. Anxela era o intento, apoiado polo vicepresidente, dunha xestión aperturista da cultura galega, alonxada do resistencialismo da UPG. Mais o vicepresidente, como político dotado dun exacerbado instinto de supervivencia, deixouna en terra de ninguén para evitar que a cidade da cultura o arrastrase cara o abismo na súa valoración eleitoral. Como Anxela non podía buscar apoios nun BNG que, no fondo, despreza, o que fixo foi tirarse en brazos do conselleiro de economía. Moi tarde averiguaríamos que mesmo o fixo literalmente, e aclaro que isto non é un comentario machista, senón unha descrición dun feito de profunda relevancia política, que nada ten de estritamente persoal.
O instinto supervivinte dunha conselleira acojonada polo que se lle viña enriba levouna a arrimarse ao poder do conselleiro de economía e, máis tarde, do Presidente, para así abrir o campo de apoios á súa xestión.
Todo isto o fixo á marxe da súa equipa, apenas compartindo a estratexia coa súa xefa de gabinete, Fina Casal, e o Conselleiro de Economía. Anxela nunca pudo confiar na súa equipa, de modo que non é de estrañar que a esta altura, a súa equipa non tivese ningunha confianza na conselleira, seriamente aqueixada de sindrome de estocolmo.
Que Anxela está pagando co cese de Carlos Amoedo as súas frustracións e debilidades, buscando un chivo expiatorio e ameazando directamente ao resto de altos cargos cun claro "prietas las filas", non parece duvidoso.
Mais coa apertura desta caixa de Pandora, pon de manifesto con demasiada evidencia pública que non traballa para o BNG (se é que algunha vez o fixo) senón para ela mesma, as súas vanidades e o seu futuro.

15 o outro alberto

alberto/a, a túa estratexia de abrir outra vez a guerra faláchea coas compis? non quedamos en que tiñamos que ser riquiños? non será mellor?