En profundidade.- Sobre ceses e outras cuestións

Galicia Confidencial estivo sondeando diferentes opinións dentro do BNG e do entorno da conselleira, todos eles militantes nacionalistas, para tentar desgranar o que acontece logo do cese de Carlos Amoedo como director xeral deste departamento autonómico...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 13/11/2008 | Actualizada ás 18:47

Comparte esta noticia

None

Pero nesta andadura, a conselleira topou con serias dificultades dentro do seu propio departamento; entre eles o do secretario xeral, Carlos Amoedo, ou o do director xeral de Difusión Cultural, Luis Bará, que permaneceron fieis ao oficialismo nacionalista, sen ter en conta outros cargos intermedios que se postularon a favor e en contra de Bugallo. Con Bará (a quen acusan de estar detrás dos actos de Amoedo) as relacións, aínda que tirantes, seguiron e seguirán adiante ata o final da lexislatura, pero co secretario xeral da consellería era diferente. Como o seu número dous, Amoedo controlaba prácticamente a engranaxe da consellería, algo que non lle gustaba á conselleira porque temía que "lle colara algunhas cousas pola porta de atrás" sen que ela mesma se dera conta.

Os encontronazos e cabreos foron a máis e Bugallo advertiulle a Quintana que perdera toda a confianza en Amoedo, pero o líder nacionalista deu a entender que habería que agardar ao final da lexislatura. Sen embargo, os feitos precipitaronse cando a conselleira descubriu que Amoedo "estaba maniobrando as súas costas". Farta deste doble xogo decidiu cesalo fulminantemente, algo que provocou a súas iras e o seu cese fulminante que foi comunicado a Quintana unhas horas antes de que entrara no Consello da Xunta.

Fontes da dirección do BNG aseguran, pola contra, que a conselleira decidiu "quitar do medio" a Amoedo porque era o "único" que lle facía fronte na súa intención de "privatizar" a Cidade da Cultura. Apuntan que a súa decisión de pedir un informe da asesoría xurídica xeral da Xunta sobre a legalidade da constitución da fundación privada da Cidade da Cultura foi o que provou as iras de Bugallo, así como todo o seu traballo en poñer "os puntos sobre os ies" en todo o relacionado con este proxecto.

Posición oficial

"Se tan en contra están no BNG coa fundación privada porque non fan un comunicado ao respecto. Non hai ningunha decisión da Executiva nin do Consello Nacional que se posicione en contra", aseguran fontes próximas á conselleira. GC tentou verificar este aspecto en conversas con membros da Executiva e do Consello Nacional e aseguran que non teñen coñecemento da existencia de documentos oficiais que se opoñan a esta fundación. Sen embargo, e tal e como comentamos aquí, na pasada Asamblea Nacional, Lois Diéguez, da UPG de Lugo, cargou contra o proxecto da Cidade da Cultura e, especialmente, contra a fundación prevista para a súa xestión. Tamén membros do MPLB e do Encontro Irmandiño teñen criticado esta cuestión nalgúnhas das xuntanzas nacionalistas.

A última referencia a esta cuestión produciuse no Consello Nacional do pasado venres convocado para abordar un informe da Executiva sobre a situación económica. No turno de rogos e preguntas, novamente un membro da UPG, esta vez Duarte Correa, responsable comarcal do BNG no Salnés, reclamou a Executiva que se explicara o cese de Amoedo, petición que foi denegada por Francisco Jorquera (xa sen Quintana na sala porque marchara a unha conferencia de Jordi Puyol) alegando que non estaba na orde do día.

En todo caso, a decisión de Bugallo de prescindir de Amoedo abriu unha pequena fenda na dirección nacionalista a menos de cinco meses das autonómicas. Un feito que incomodou, especialmente, a Quintana. Hai quen mesmo lle chegou a recomendar o cese da conselleira, algo que non está en riba da mesa, precisamente, porque abriría unha crise de imprevisibles consecuencias a pouco tempo dunhas eleccións.

Polo momento, a solución adoptada parece convencer a todas as partes; situar a Carlos Sierra como substituto de Amoedo. Bugallo ten máis confianza nel e na dirección nacionalista din que é un quintanista convencido. Para o que xa non hai arranxo é para a escalada de reproches.

"Machismo"

Fontes próximas á conselleira acusan á UPG, co beneplácito de Quintana, de iniciar unha "caza de bruxas" contra Bugallo e din que non lle está a gustar nada que, dende certos ámbitos do BNG, se lle critique polo seu xeito de vestir e, especialmente, pola súa vinculación sentimental co conselleiro de Economía, "o que fai pensar a algúns que está vendida ao PSOE".

Tamén se queixan da belixerancia de certos medios de comunicación contra a conselleira e aseguran que certos editores actúan coma mafiosos. "Se non se fai coma eles queren entón xa estás marcado de por vida".

Dende a dirección do BNG aseguran que non hai "constancia de ningún tipo" que vinculen a membros do Bloque ou da UPG con este tipo de comentarios e suliñan que sempre foron "moi respetuosos" coa vida privada de todos os conselleiros.

"Menos mal que quedan só cinco meses para que remate todo isto", apunta unha fonte da Executiva consultada por GC que agarda que non se produzan máis sobresaltos ata os vindeiros comicios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

29 tinto

Nunca se traballou tanto pola cultura galega dende a Xunta como con este goberno.

28 castro

Cando unha Conselleir@ cesa a alguén do seu staff do xeito que foi cesado Amoedo, de xeito fulminante da que pensar que a ofensa foi personal. Ninguén lle discute a Amoedo que sexa un bo administrativista pero como xestor foi un desastre e sempre mais pendiente de facer aquelo que lle gustaba que de ocuparse da marcha burocrática da Consellería. Non resulta de recibo que permitira os desmáns de Bará ou que deixara que Felipe Arias non executara os seus orzamentos e andivera a final de exercicio que tiña facturas pendentes para poder gastar os cartos. De onde se pensa que sairon os cartos para cubrir o desfase orzamentario de Bará que houbo un momento que chegou aos 500.000€. Bará ten razón un dos blogueiros non é da UPG é de Luis Bará. Sempre na sombra, sempre acechando, sempre sumiso cos de arriba pero no fondo despreciativo con todos. Ou que decir dos desmáns na dirección xeral de deporte que a deixaron aos pes dos cabalos. Amoedo nunca colleu as rendas da Consellería e Anxela Bugallo confiaba nel, posiblemente era o único membro do seu staff( Fina e Rocio aparte ) no que confiaba ata que se enterou que estaba a facer a súa propia politica e que tiña aspiracións, para algo o seu compañeiro de Universidade é o nº 2 de Quintana, e entón estoupou e pasou o que pasou. Pensa alguén que lle iba a importar moito ao Presidente ou a propia Conselleira que Amoedo pedira un informe sobre a nova fundación da CdC a Asesoría Xurídica da Xunta, unha asesoria que depende de Méndez Romeu e do PSOE, calquera informado sabe que hai moitas maneiras de facer un informe dentro da administración. Así que as razóns non poden ser esas. Pero os fracasos continuados de xestión, os erros nas programacións, os gastos continuados, a falla de planificación e o non saber ter conta da Consellería parecen mais acaidos para un cese extemporaneo pero quizais necesario para avisar aos seus directores de que ou "prietas as filas" ou en calquera momento poden ir fora. O fracaso no proxecto da CdC tampouco o beneficiou pero claro poñendo a Carracedo e ao pobre de Elías á fronte e con Fina Casal de planificadora e cabeza pensante que podían esperar. En realidade sintoo pola Conselleira que sempre me pareceu unha muler moi traballadora pero ao marxe da realidade e un pouco credula fiandose da xente que lle colocaron arredor. Quizá alguén debería contar que cando Amoedo e o resto do grupo chegou a Consellería non sabían nen que poñer na memoria dos primeiros orzamentos que fixeron e que grazas a unha persoa puideron poñer algo que tivese sentido e estivese dacordo co ideario da campaña, quizás o secreatrio debera recordar que esa mesma persoa se ensinou a facer alegacións, sentou as bases dos convenios de Capitulo VI e foi quen de anular todos aqueles convenios que fixo o PP a últuma hora a fin de deixar os orzamentos inoperativos, entre outras moitas cousas que saben moi ben tanto Amoedo como Bará e que rematou por marcharse antes de seguir comprometida cunha xente que ia camiño de cargarse o nacionalismo e a cultura ao mesmo tempo. menos mal que a cultura galega goza de moi boa saude e resistirá calquera cousa pero esta vez por pouco.

27 dani

Cada un ten a súa verdade, vexo que a túa é "a culpa de todo a ten Paco Rodríguez", clásico dos clásicos entre os resentidos contra o BNG.
Paco ten moitos defectos, e a virtude de dicer o que pensa e o que pasa. A conselleira carece de todas as virtudes que admira o comun do militante do bng.
Sonche as cortinas de fume de sempre. A conselleira ainda non explicou claramente porque amoedo non era de fiar. Que fale da fundación privada da cidade da cultura e dea explicacións do que se está cocendo ás espaldas de todo o mundo. Tampouco explicará por que ela non era de fiar para Amoedo, Bará, Felipe Arias, etc.: porque tiña montada unha consellaría paralela que os marxinaba e puenteaba constantemente, con Fina á cabeza, e manuel olveira, xaime subiela, paco carracedo, miguel martin e agora sierra rodriguez.

26 antonio

Por qué non se dí a verdade?

1.- Paco Rodriguez creese "Dios" no tema da cultura e non se retirou de Madrid para xubilarse senón para ser conselleiro de ...

2.- Amoedo non era de fiar para a conselleira e é cesado, acto normal en calquera democracia, deixémonos de botarlle a culpa a prensa e miremos para demtro

2.- Luis Bará, nunca o vin mollarse por nada que amole ao poder, manisfesta a súa inconformidade pero logo vota con eles, apoiaos e lámbelles o cú. Politicamente ese dese tipo de xente que non é da UPG pero que é fiel, é decir máis perigoso que si o fora

3.- O BNG non ten definida a política cultural, ainda que parece que si, claro que en nós eso é normal, xa que non temos definido nada (ou si?)

25 tintorro

Torrebruno eres mais inocente que unha piruleta, eu que fun do PCE na época en que Touriño y la puta ramona eran os reis do mambo, sei o que pasa. A esta tipa os dous amiguetes ex pecés lle fixeron a proba de fidelidade e entrega para aceptala nas súas filas, como lle fixeron ao xocas. Déronlle a orden de cargarse a Amoedo para acabar de mangonear a cidade da cultura para o PSOE e a tipeja cumpriuna. Punto pelota y a tomar por culo.
Todos os transfugas pasan esta proba nalgun momento, esta tivo a indecencia de facelo sendo ainda conselleira do bng, manda carallo.