Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/10/2015 | Actualizada ás 14:30
"Con carácter xeral, non referido a un caso concreto", Suances apelou este venres a que estes casos se tramiten de "forma rápida, axil e eficiente". O responsábel dos fiscais no país agarda que a nova Lei de Enxuciamento Criminal sirva para evitar dilacións indebidas.
De Lara instrúe varias das causas contra a corrupción máis importantes en Galicia, entre elas a Pokemon. As detencións por este caso realizáronse a comezos de 2013. Este mes a xuíza prorrogou un mes máis o secreto de semario sobre parte dos tomos.
O líder do PSdeG Gómez Besteiro agardaba que De Lara o desimpute para confirmar a súa candidatura á presidencia da Xunta. Besteiro recurriu o auto no que se lle requería nova documentación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.