Resultou ferido ao saír o seu vehículo da estrada tras esquivar un corzo en Calvos de Randín

o suceso tivo lugar despois das 12,00 horas na OU-303.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/05/2024 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida este luns nun accidente de tráfico rexistrado no municipio ourensán de Calvos de Randín, ao saírse da estrada tras esquivar un corzo.

Segundo informaron efectivos de emerxencias, o suceso tivo lugar despois das 12,00 horas na OU-303, cando o condutor tentou esquivar un corzo que se cruzou na estrada e saíuse da vía. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Garda Civil, Bombeiros de Xinzo, GES de Muíños e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061 para asistir ao condutor.

Urxencias sanitarias de Galicia
Urxencias sanitarias de Galicia | Fonte: 061

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta