Rueda saca peito para defender a Altri: "Aí están os resultados electorais de Palas de Reis"

O presidente galego tira de resultado electoral para criticar a postura do BNG e defender o proxecto da celulosa.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/06/2024 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

O 60% de apoio que o PP tivo en Palas de Rei "dalle ás" ao presidente da Xunta para defender o polémico proxecto que Altri quere realizar neste concello. "Aí están os resultados o que nos dá un refrendo político", asegurou Alfonso Rueda.

Rueda, durante a visita ás obras da 'Cidade de San Caetano'.. DAVID CABEZON @ XUNTA
Rueda, durante a visita ás obras da 'Cidade de San Caetano'.. DAVID CABEZON @ XUNTA

Un argumento, o electoral, co que o xefe do Executivo galego insiste en defender un proxecto que foi contestado hai unhas semanas por milleiros de persoas nas rúas desta localidade. Por iso, a súa mensaxe ía destinada, claramente, ao BNG ao que o PP responsabiliza da mobilización social e da mala prensa da megacelulosa que a empresa portuguesa quere realizar en Palas.

"Tivemos xa o refrendo político e falta o refrendo técnico", destacou Rueda que asegurou que este proxecto sairá adiante, sempre e cando, sexa "técnicamente viable" e así o consideren os ténicos da Xunta. Neste concello, o PP acadou o 60% do apoio electoral, fronte ao 18% dos socialistas e o 14% do BNG.

Por outra banda, o presidente galego tamén se referiu, durante a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, ás vías de financiamento desta megaindustria e lembrou que o Goberno central comprometeu fondos europeos para a súa realización. "O ministro de Industria dixo no Senado que lle parecía un proxecto contundente e que o estaban avaliando e estaba por resolver... O que por saber é a postura do Goberno do ·stado. Agardo que a postura reciba o apoio", dixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 anonimo

pero ¿votabase o si a altri nestas europeas? populismo do bo unha vez mais no pp de galicia.

1 anonimo2

Pero non era o que nos estaba dicindo Miranda e a Ponton cando foron a mitinear a Palas e a Santiso ??. A túa disonancia cognitiva é solo política ou asi en xeral. Revisa os datos das comarcas estas XXX Viva!!!.