O PP, en alerta ante a xuntanza de dez alcaldías das mareas

O seu secretario xeral, Alfonso Rueda, pide datos do acto "Cidades polo Ben Común" para ver se denuncia ante a Xunta Electoral. Di que pode ser un acto electoral encuberto de Podemos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/11/2015 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

O PP analizará todo o relativo á celebración do foro "Cidades polo Ben Común" para ver se procede a denuncia ante a Xunta Electoral xa que critica a presencia de representantes de Podemos, como Íñigo Errejón, nun mitin na Coruña.

Alfonso Rueda preside o comité de campaña do PPdeG para as municipais
Alfonso Rueda preside o comité de campaña do PPdeG para as municipais

"Non sabemos moi ben se é un acto de partido pago con fondos públicos, o cal sería ilegal, ou un acto oficial con tintes partidistas, o cal tampouco se podería producir no período no que estamos, de precampaña", apuntou o secretario xeral do PP de Galicia, Alfonso Rueda.

"Resulta estrano que o responsable da Secretaría Política de Podemos, Íñigo Errejón, que se atopa en Galicia, anunciase que quería sumarse pola tarde a este encontro, que se supón que é de rexedores... A ver se dá a circunstancia de que Podemos convida e os cidadáns pagan", criticou.

Neste sentido, vinculou directamente ás Mareas e Podemos. "Todo vén sendo un pouco do mesmo, moito máis en período electoral", indicou. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Ana

Hai que decilo unha e mil veces se fai falla: Galiza foi a gran perdedora coa entrada de España na UE. Sectores coma o lacteo, o naval ou a pesca que creaban moitos postos de traballo en Galiza quedaron en case nada pola entrada na UE. Ademais, neste momento España non ten soberania economica (pq non temos moeda propia e pola debeda publica) e practicamente somos un portaaviones da OTAN no Mediterraneo. Un pais serio ten moeda propia, separacion de poderes, non acepta bases militares doutros paises no seu territorio, ten industria, preocupase pq os seus cidadans vivan ben e traballa para que a xente mais formada non teña que emigrar. Agora entendo pq moitos catalans queren a independencia.

4 Ana

Non escoito a ningun partido falar de sair do euro, sair da OTAN, decir "non" o pago da debeda ilexitima, nacionalizar sectores estratexicos, falar de dereito o traballo, etc. Mentras non falen disto son mais do mesmo e seguiremos sin ter soberania para decidir a nosa politica economica e rematar co paro. Aqui alguns politicos queren arranxar os problemas do mundo (por exemplo en Siria) cando non arranxa os do noso pais (paro, desigualdade e pobreza, desahucios, problemas do sector lacteo, a situacion en Catalunya, etc). En calquer caso para min o "voto util" en Galicia é NÓS e no resto do estado IU (IU son os unicos que falan de republica e traballo garantizado).

3 Nome

¿En qué yate se van a reunir?

1 quererestonto

en el de tu pu....ta ma dre

2 Odoíno

Que tem que ver o ser sefardita com ser com ser um vende-pátrias pepero? Só acho a manifestaçom dum “cristá velho” reivindicando a pureza de sangue. Até onde chega o integrismo papista!

2 Trocomotxo

Tan patética é unha cousa como a outra. Ao final a marea é Podemos??? A ver se se van aclarando e dicíndollo á xente.

1 Trocomotxo

Tan patética é unha cousa como a outra. Ao final a marea é Podemos??? A ver se se van aclarando e dicíndollo á xente.