Moción de censura en Santiago de Compostela?

Martiño Noriega carga contra o intento de "gobernar desde a oposición" e anima a PP e PSOE a presentar unha moción de censura. Hernández e Reyes dinlle que ten que respectar o que diga o pleno porque non ten maioría.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 10/12/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A capital galega leva uns meses políticos moi movidos. Os desencontros entre Compostela Aberta e o PP e o PSdeG están levando ao alcalde, Martiño Noriega, ao límite. Este mércores acusaba a estes dous grupos de querer "gobernar desde a oposición" e convidábaos a gobernar xuntos, nunha clara alusión a que presenten unha moción de censura.  

Martiño Noriega nunha rolda de prensa no Concello de Santiago
Martiño Noriega nunha rolda de prensa no Concello de Santiago | Fonte: santiagodecompostela.org

"Gobernar desde a oposición non é unha opción, non se pode estar a bloquear a administración día si, día tamén, por intereses partidarios. E eu teño claro cal é o meu sitio agás que PP e PSOE digan o contrario", dixo Noriega.

O último episodio dos desencontros tivo lugar nas empresas municipais de Turismo (Incolsa) e Transporte (Tussa).  Tamén, criticou que queiran aprobar "ordenanzas do IBI" que gobernos doutro signo xamais expuxeron e mesmo que se declare a Semana Santa festa de interese turístico galego, que PP e PSOE "nunca defenderon" antes.

Pola súa banda, o portavoz do PP en Santiago, Agustín Hernández, ironizou, respecto da hipotética moción de censura, co feito de que o primeiro edil "está triste, tuiteando nos plenos, nas redes virtuais... non está na realidade da cidade e si xogando ao victimismo". Unha alusión ás veladas críticas que recibe o rexedor do xornal El Correo Gallego que se refire a el como o “alcalde 2.0”.

Tamén o portavoz do PSOE en Santiago, Paco Reyes, rexeitou que haxa un intento de "botar fora" ao rexedor da presidencia de entes instrumentais como Incolsa e Tussa. “O que ten que facer, de maneira verbal, é respectar ao pleno como órgano decisorio cando non lle gusta o que se acorde", dixo. “Non pode exporse a gobernar coma se tivese maioría absoluta", indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Compostelano

Es lo que pasa por tener de alcalde a un tio tan estirado, que no se dobla ni para pactar y consensuar cosas con el resto de los grupos. Hay que ir menos de guay, hipster, estrellita y delfín de Beiras y centrarse más en trabajar y gobernar para todos. Pero bueno, es lo que podemos esperar de quien entiende las instituciones públicas como trampolín para sus ambiciones personales. Un Feijóo más.

4 SOCIALISTA E NACIONALISTA

o alcalde e moi inútil... fixeron moita merenda de podreiros merenda cara con mariscos e albariños son xa castucia ... igualiño que o pastilluqui do BI(V)IEIRAS

3 A pucha do alcalvo

Vaia chorrada de vitimismo dun tipo qeu non ten maioria absoluta e en lugar de negociar cousas prefire seguir sen facer nada. O alcalvo non quere exercer de alcalde so a publicidade para poder ser candidato á Xunta de Pablemos e os restos de AGE.

1 Martelo Pilón

Aproveita berenjeno, que non vos queda ná

2 eusi

A maior magoa e ver como o BNG xa asumiu que vai desaparecer do mapa político: nin están nin se deixan ver...e que pase o que teña que pasar, pensando que se os do PPsoe fan caer o governo elixido democraticamente, eles poderán algún dia volver á sua alba de groria perdida por méritos propios. Adeus para sempre BNjajaja

1 tinon

Pero se van desaparecendo os partidos que creades cada dous anos e o bNGjjaja foi o unico que votou en contra da vosa Semana Santa Compostelana. Ti tranquilo que antes lle volve saír pelo ao alcalvo que desaparece o nacionalismo. Dille ao goberno elexido democraticamente que tape algun bache e non so a calva do alcalvo que a xente se esta empezando a coscar da estafa

1 galegoexiliado

Eche o que pasa cando se xuntan a fame coas ganas de comer. Frey Ajustin de Torquemada, acompañado do seu sacristán Pacoreis, está empeñado en cristianizar ó ateo Noruega e convertir Santiagomatamoros no berce da cristiandade. E o sr Noruega, mais preocupado polos cidadans sirios e de gaza, que polos compostelans, acostumado a non dialogar creese o elexido de ala que pode facer o que quere sin contar co resto de concellais que teñen mayoría. Por certo que podería aproveitar e nomear a frey Ajustín Concellal de Asuntos Relixiosos pa que represente ó Concello en temas da cristiandade. Penso eu que esa imaxe de Santiago Matamoros no Pazo de Martiño non sei se será políticamente correcta e non ofenderá aos seus amigos.