O sector do mar tamén emprende

Abanca e a Fundación Clúster de Conservación de Produtos do Mar impulsan un acordo para potenciar as iniciativas emprendedoras na industria pesqueira.

Por GC Emprende | A Coruña | 11/12/2015 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Impulsar actividades de emprendemento no tecido empresarial relacionado cos produtos do mar. Ese é o obxectivo do convenio que Abanca e a Fundación Clúster de Conservación de Produtos do Mar subscribiron por oitavo ano consecutivo.

Acordo entre Anfaco e Abanca para impulsar o emprendemento no sector do mar
Acordo entre Anfaco e Abanca para impulsar o emprendemento no sector do mar

A finalidade deste acordo consiste en apoiar á fundación no fomento e difusión do espírito empresarial e a cultura emprendedora a través de accións divulgativas dirixidas a centros escolares, asociacións culturais e sociais e á cidadanía en xeral.

Mediante estas actuacións, a Fundación actuará como vehículo de transferencia do coñecemento entre o labor dos centros tecnolóxicos e a sociedade, fomentando actitudes de emprendimiento baseadas no impulso á innovación.

No acto de firma, celebrado na sede da Fundación, participaron o director de Negocio Institucional de Galicia, Asturias e León de Abanca, José Liño Comesaña, e o representante legal da Fundación Clúster de Conservación de Produtos do Mar, Juan Manuel Vieites.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta